LUCES

Manolo Romón

O antigo membro do grupo de comunicación poética Rompente, presentador de Libro Aberto, o espazo literario da Televisión de Galicia, recomenda obras en galego para o verán: Molloy, de Samuel Beckett, recollido por Anxo Rei Ballesteros na editorial Galaxia aínda o ano pasado; A palabra do incrédulo, do poeta Manuel Álvarez Torneiro, e Smara, de Paula Carballeira.

Durante as vacacións pretende ler Escritos al oído, de John Cage; Páginas hebraicas, de Arnaldo Momigliano, e O incendio dos aspectos, de António Ramos Rosa. "Os dous primeiros tí...

Suscríbete para seguir leyendo

Lee sin límites

O antigo membro do grupo de comunicación poética Rompente, presentador de Libro Aberto, o espazo literario da Televisión de Galicia, recomenda obras en galego para o verán: Molloy, de Samuel Beckett, recollido por Anxo Rei Ballesteros na editorial Galaxia aínda o ano pasado; A palabra do incrédulo, do poeta Manuel Álvarez Torneiro, e Smara, de Paula Carballeira.

Durante as vacacións pretende ler Escritos al oído, de John Cage; Páginas hebraicas, de Arnaldo Momigliano, e O incendio dos aspectos, de António Ramos Rosa. "Os dous primeiros tíñaos empezados, e o de Ramos Rosa apetecíame moito... Sinto que a súa pegada está na miña escrita". O seu gusto por un dos grandes revolucionarios da linguaxe musical contemporánea é diferente. "Con Cage é como cando atopas aos amigos despois dun tempo". Non quere Romón recomendar algo en negativo. "Traballo nun programa de libros, teño que falar con todo o mundo", ironiza. "Si é certo que se poderían proscribir libros grandes e sisudos no verán, pero tamén falamos da única estación do ano onde un ten tempo para ler xustamente esas obras", di.

Más información
Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

Archivado En