PSICOFONÍAS | LUCES

Galego e inglés

Os detractores do proceso de recuperación e normalización do galego, que non son moitos pero son tercos, acoden frecuentemente a invocar a avantaxe competitiva da aprendizaxe do inglés no sistema de ensino obrigatorio. Mira ti por onde vou compartir con eles un aldraxe que tamén detecto e constato na evidencia de non coñecer a ningún individuo que acabase o ciclo da escola primaria e secundaria cun coñecemento suficiente do inglés, a non ser que teña acudido á entrópica oferta privada de métodos e viaxes para adquirir competencia na lingua de Shakespeare e de Margaret Thatcher e que proliferan...

Suscríbete para seguir leyendo

Lee sin límites

Os detractores do proceso de recuperación e normalización do galego, que non son moitos pero son tercos, acoden frecuentemente a invocar a avantaxe competitiva da aprendizaxe do inglés no sistema de ensino obrigatorio. Mira ti por onde vou compartir con eles un aldraxe que tamén detecto e constato na evidencia de non coñecer a ningún individuo que acabase o ciclo da escola primaria e secundaria cun coñecemento suficiente do inglés, a non ser que teña acudido á entrópica oferta privada de métodos e viaxes para adquirir competencia na lingua de Shakespeare e de Margaret Thatcher e que proliferan tanto no mercado como os produtos-milagre para baixar de peso ou deixar de fumar.

O que ocorre é que, pola miña parte, esa reivindicación ten como obxectivo a mellor e maior eficacia do proceso de normalización lingüística porque estou convencido que o futuro normalizado do noso idioma só se cumprirá coa existencia de falantes libres e necesariamente políglotas que superen en si mesmos o cateto modelo de monolingüímo dos castelán falantes consistente nunha endogamia intransixente para acceder a todo tipo de coñecemento en español desde o máis profundo analfabetismo en linguas extranxeiras, porque o atallo máis rápido para recuperar o tempo perdido, modernizar e democratizar a nosa competencia idiomática colectiva é o coñecemento da lingua propia, amais do castelán e doutra lingua extranxeira, dada a imposibidade material de traducir o mundo enteiro ao galego. Individuos libres, alfabetizados na lingua do país e solidariamente políglotas. Os galegos e galegas temos unha vez máis o reto de demostrar que somos xente de mundo.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

Archivado En