OPINIÓN | SUSO DE TORO

Literatura de aldea e ‘best sellers’?

A lectura histórica e sociolóxica xa non lles di nada aos adolescentes de hoxe, a aldea é outra e mesmo alí os máis deles teñen un pé no mundo Facebook/Twitter/Tuenti

Hai 40 anos que non leo Memorias dun neno labrego, así que toco de ouvido. Aínda non temos distancia para ver o libro que é esa noveliña que retrata a aldea na posguerra co que tantas persoas se sentiron identificadas. Unha novela que ten tanto unha lectura sociolóxica como un éxito de lectores sociolóxico: xeracións de persoas, principalmente varóns, que se viron reflectidos no protagonista. O éxito do libro é unha radiografía das transformacións da sociedade galega no tránsito entre a aldea que se baleiraba de xente nos anos cincuenta e a Galicia actual, xa completamente ur...

Suscríbete para seguir leyendo

Lee sin límites

Hai 40 anos que non leo Memorias dun neno labrego, así que toco de ouvido. Aínda non temos distancia para ver o libro que é esa noveliña que retrata a aldea na posguerra co que tantas persoas se sentiron identificadas. Unha novela que ten tanto unha lectura sociolóxica como un éxito de lectores sociolóxico: xeracións de persoas, principalmente varóns, que se viron reflectidos no protagonista. O éxito do libro é unha radiografía das transformacións da sociedade galega no tránsito entre a aldea que se baleiraba de xente nos anos cincuenta e a Galicia actual, xa completamente urbana. Aqueles seus lectores apaixonados viñan maiormente da aldea e tiñan soidades dela, malia que as súas vidas xa eran urbanas. Alén desa lectura histórica e sociolóxica, seguramente exista unha outra lectura, máis profunda: o relato das transformacións dun adolescente, unha novela de formación. Insisto en que estou a tocar de ouvido.

A lectura histórica e sociolóxica xa non lles di nada aos adolescentes de hoxe, a aldea é outra e mesmo alí os máis deles teñen un pé no mundo Facebook/Twitter/Tuenti. Este tempo é outro de cando lemos aquel libro procurando experiencias colectivas e identidade galega (Que o libro teña unha graza propia e que se segue a actualizar conforme pasan as décadas é o que explica que o Cándido Pazó ande aínda hoxe a pasear ao Balbino, transformado desta volta en personaxe teatral).

Mais eu quería falar doutro libro e doutro escritor. Manuel Iglesias Turnes, que sabe ben de vacas leiteiras, apareceu de súpeto armado cunha novela enteira sen avisar a ninguén de que tamén sabía escribir. Coñecino hai ben anos, do sindicalismo agrario, e como o Balbino e Neira Vilas é un rapaz de aldea. A súa novela As rapazas de Xan é exactamente unha novela de aldea, a protagonista é a aldea galega nos anos cincuenta retratada sen idealización ningunha, mais con todo o cariño e lealdade. Protagonistas as mulleres sobre todo (cousa tan rosaliana). Outra protagonista é a lingua falada, a graza da fala. Literatura popular en todos os sentidos da palabra. Historias, emocións e os praceres da narración. A curiosidade miña é se aínda existen aqueles lectores que se emocionaron e se recoñeceron na historia do Balbino ou se xa secou aquela fontela que levaban dentro. Non existen xa aqueles lectores? É distinta a nosa literatura?

E pregúntome tamén se a nosa literatura é tan outra que pode xurdir nela un best seller. Tense dito veces dalgún libro que era un best seller, máis con ánimo de denigrar o seu valor estético que por recoñecer verdadeiramente un fenómeno literario que si existe en literaturas normalizadas. Os fillos do mar de Pedro Feijóo Barreiro é un verdadeiro artefacto best seller, cos mesmos ingredientes que La sombra del viento, O código Da Vinci, La catedral del mar… Un libro escrito en lingua galega que conscientemente procura ese gran público que non sei se existe na nosa literatura. E logo existirá? A xente que leu esoutros libros achegarase a el?

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

Archivado En