DISIMULEN

Projecto Mourente pecha o cuarto

O terceiro disco de Carlos Valcárcel presenta cancións breves e arranxos sutís

Portada do terceiro disco de Projecto Mourente

Hai xa seis anos que Projecto Mourente rebentou o pulso das descargas no netlabel A Regueifa con Baixo os eucaliptos (2006). Era seguramente unha operación suicida: pop electrónico de factura doméstica e parentesco moi repartido, o mesmo á sombra de Fangoria ou Pet Shop Boys que á de Astrud, New Order ou Saint Etienne, pero en galego e con retranca transxénica. Dá cousa agora repasar a hemeroteca daquel tempo. O presente realmente existente acabou devorando toda a euforia bipartita e posbravú. Xa o advertía o propio Carlos Valcárcel pouco despois, no seu segundo disco, o interrogante ...

Suscríbete para seguir leyendo

Lee sin límites

Hai xa seis anos que Projecto Mourente rebentou o pulso das descargas no netlabel A Regueifa con Baixo os eucaliptos (2006). Era seguramente unha operación suicida: pop electrónico de factura doméstica e parentesco moi repartido, o mesmo á sombra de Fangoria ou Pet Shop Boys que á de Astrud, New Order ou Saint Etienne, pero en galego e con retranca transxénica. Dá cousa agora repasar a hemeroteca daquel tempo. O presente realmente existente acabou devorando toda a euforia bipartita e posbravú. Xa o advertía o propio Carlos Valcárcel pouco despois, no seu segundo disco, o interrogante Kara.o.ke(2008): “Resulta triste comprobar / que nada muda no esencial”.

Caeron o que parecían ser estruturas e a coartada, tal vez, para un discurso colectivo, pero quedaron francotiradores abondo. Tras catro anos de (relativo) silencio, Valcárcel vén de difundir o seu novo álbum na rede. Pódese escoitar en projectomourente.bandcamp.com e outras plataformas. Titúlase A pior, admite lecturas xeracionais e outras menos restritivas, está autoeditado e podería dar en CD ou vinilo se o público así o decidise logo do verán, cando o autor lance unha iniciativa de crowdfunding. Volve ser un disco amábel pero de fondo amargo. O aparente costumismo de Projecto Mourente ten caligrafía sociopolítica.

Valcárcel amosa habilidade para suturar melodías e mallar préstamos sen caer no pastiche. Xa o demostrara nas súas dúas primeiras entregas: podías bater con Tainted Love nunha esquina e con Petula Clark (ou Raphael) na seguinte. Desta vez, na alfándega tería que render contas con The Communards, Prince, unha tropa de vocalistas metaleiros de Youtube e algún dúo de actores porno, pero esa é outra historia. Ao cabo, non deixa de ser un traballo concorrido.

The Homens ao completo participan no tema inicial, Afília-te!, e o seu guitarrista, Martin Wu, engade as seis cortas noutros cortes como Feliz assim e Vou para pior. Joaquín, de Carrero Bianco e ex integrante de Triángulo de Amor Bizarro, colabora en Ao teu redor e A revolta dos cosmopailães. Nos créditos tamén asoman Álex López, Andrés Boado, Mar Callón e Yolanda Valcárcel, na parte musical, e Roi Fernández (The Homens) e Héctor Anllo na banda do deseño e a comunicación.

Sen renunciar á pista de baile nin ao verniz vagamente electroclash dalgúns cortes, A pior bota o freo nas bases e os baixos para retomar fíos que estaban, aínda que fose lateralmente, en cancións da súa primeira época. Non é o seu primeiro álbum de habitación porque todos foron compostos e gravados na casa —este mesturouse e masterizouse con Tomás Ageitos nos estudios A Ponte—, pero é a primeira vez que Projecto Mourente pecha a porta do cuarto, sexa para deixarse amolecer pola crise dos trinta e tantos (Vou para pior), para rir (Quando vás a Portugal) ou para revoltarse (A revolta dos cosmopailães, Lei e ordem). Cancións máis breves, arranxos máis sutís e orgánicos, narración máis pop. Di Valcárcel que é a última vez que se lle ocorre. No próximo volverá ao lado Bananarama.

O punk, tal e como o codificou o home branco a mediados dos setenta entre Londres e Nova York, é o folclore do século XX (en diante). Nesa economía política operan os muradáns Terbutalina. Como Galicia é caníbal, cando menos dende Os Resentidos, o quinteto chámalle ao seu gastropunk, pero vén sendo o que é: urxencia, guitarras e cuspir con aspersor. Así era Broncodilatador (2011), o seu primeiro LP, e así volve ser o seu segundo disco, cuarto se contamos tamén Live in Catoira (2011) e o EP Que-de-leite! (2011). Gravado en Portugal e autoeditado para a súa difusión na Rede (terbutalina.bandcamp.com), contén sete temas: Hostias para todos.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

O disco fírmano Migui (guitarra e voz), Mon (guitarra e coros), Samuel L. París (baixo e coros), Brais (teclado e coros) e Carlos (batería). Hai casquería —Suisidarse, con videoclip igualmente gore de Lucas Nadal—, escepticismo rururbano —Así nos vai—, guerrilla —Picolo (vas de verde) dura 35 segundos, a máis longa apenas asoma por enriba dos dous minutos—, xenuino extravío xeracional —Non sei que— e algo de vella imaxinaría bravú —O teu corpo pide jerra. Din que a sutileza é unha especie que só se dá nas Rías Baixas. Pode que os cinco de Terbutalina estean de acordo. E que?

Archivado En