“Nóvoa sempre tivo a ambición de chegar a ser un gran artista”

O artista pontevedrés presentou as obras realizadas nestes anos en diversas exposicións celebradas na galería SCQ de Santiago

O galerista Adolfo Sobrino diante dunha obra de NóvoaANXO IGLESIAS

Adolfo Sobrino foi o galerista en Galicia de Leopoldo Nóvoa durante os últimos 15 anos da súa vida. O artista pontevedrés presentou as obras realizadas nestes anos en diversas exposicións celebradas na galería SCQ de Santiago. “Era un home cunha vitalidade enorme e facía plans de futuro con moita antelación. Cando abriamos unha exposición súa xa me estaba falando sobre a que iamos facer dous ou tres anos despois”, indica Sobrino, quen salienta que unha das cousas que caracterizaron a súa traxectoria foi o desexo de se converter nun artista dunha gran relevancia.

“Iso levouno a tomar dec...

Suscríbete para seguir leyendo

Lee sin límites

Adolfo Sobrino foi o galerista en Galicia de Leopoldo Nóvoa durante os últimos 15 anos da súa vida. O artista pontevedrés presentou as obras realizadas nestes anos en diversas exposicións celebradas na galería SCQ de Santiago. “Era un home cunha vitalidade enorme e facía plans de futuro con moita antelación. Cando abriamos unha exposición súa xa me estaba falando sobre a que iamos facer dous ou tres anos despois”, indica Sobrino, quen salienta que unha das cousas que caracterizaron a súa traxectoria foi o desexo de se converter nun artista dunha gran relevancia.

“Iso levouno a tomar decisións complicadas como trasladarse dende Sudamérica, onde tiña unha vida moi cómoda e xa era un pintor ben recoñecido, ata París, onde era un descoñecido, para progresar no seu desexo de atopar novos camiños coma artista. Pasou por moitos sacrificios para asentarse en París e mesmo o Goberno francés concedeulle unha vivenda póla súa condición de artista, na que viviu ata os últimos días”, engade o galerista compostelán.

Malia que gran parte da vida de Nóvoa transcorreu fóra de Galicia, Sobrino destaca que o artista pontevedrés tiña un gran cariño pola súa terra e puido reencontrarse con ela na etapa final da súa vida, na que viviu entre París e Armenteira. “Nóvoa sentía amor por Galicia e nos últimos anos, cando xa viu que lle quedaba pouco tempo de vida, gustaríalle ter quedado aquí máis tempo”, indica o galerista, que falaba con frecuencia con Nóvoa e puído facelo por última vez hai poucos meses, con ocasión do aniversario do artista.

Unha das cousas que caracterizaban ao artista pontevedrés era a súa capacidade para adaptarse ao lugar no que se atopaba e entenderse con xente de xeracións diferentes. Isto ocorreu, por exemplo, cando se relacionou cos artistas de Atlántica que revolucionaron a arte galega na metade da década dos oitenta. “Os artistas de Atlántica teñen uns 30 anos e el cáseque 70, pero os mozos ven nel a alguén cunha traxectoria moi respectable. El non dubida en poñerse á fronte e axudar na organización de exposicións. En certa forma os artistas de Atlántica fan o mesmo que el fixera moitos anos atrás: dar un paso para avanzar na modernización da arte galega”, explica Sobrino.

De feito, ao xuízo deste galerista, Nóvoa é, en realidade, o primeiro artista contemporáneo galego xa que soubo desfacerse do legado costumista que caracterizaba a pintura galega para converterse nun creador cunha apostar persoal por unha abstracción cargada de poesía que o levou a deixar unha obra que vista hoxe deixa claro que Nóvoa é un artista plenamente vixente e cunha linguaxe artística totalmente integrada nas correntes contemporáneas. “Moitos artistas galegos o consideran hoxe unha referencia fundamental no seu traballo”, engade o galerista. Aínda que a súa obra máis visible son os murais que fixo ás dúas beiras do Atlántico, para Sobrino o mellor da súa produción atópase na pintura. “No terreo persoal era un gran relacións públicas e cando falabas con el conseguía meterte no seu mundo. Sempre foi moi traballador e sabía adaptarse moi ben ao lugar no que vivía. En Francia, por exemplo era un francés máis”, indica Sobrino, quen considera a Nóvoa como unha das figuras fundamentais da cultura galega de finais do século XX, e salienta o apoio que o pintor sempre atopou na figura da súa muller, Susana.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

Archivado En