Reportaje:DISIMULEN | Luces

O fío solto de Vale Tudo

Acuarela publicará o debut do novo proxecto de Óscar Vilariño

Rafael Mallo e Óscar Vilariño aparcaron Vale Tudo no verán de 2009. Non era un hiato nin unha retirada, só unha pausa. Prometido. Acababan de enrolarse na preparación de Año Santo (Mushroom Pillow, 2010) con Rodrigo Caamaño e Isa Cea, o comité central de Triángulo de Amor Bizarro. Necesitaban algo de tempo antes de retomar a banda e darlle continuidade aos dous discos que publicaran até entón. Vale Tudo vira a luz en 2007 e Gris en 2009, ambos en CD-R, autoeditados artesanalmente e distribuídos en formato dixital por A Regueifa Plataforma. Agora están na páxina do grupo en...

Suscríbete para seguir leyendo

Lee sin límites

Rafael Mallo e Óscar Vilariño aparcaron Vale Tudo no verán de 2009. Non era un hiato nin unha retirada, só unha pausa. Prometido. Acababan de enrolarse na preparación de Año Santo (Mushroom Pillow, 2010) con Rodrigo Caamaño e Isa Cea, o comité central de Triángulo de Amor Bizarro. Necesitaban algo de tempo antes de retomar a banda e darlle continuidade aos dous discos que publicaran até entón. Vale Tudo vira a luz en 2007 e Gris en 2009, ambos en CD-R, autoeditados artesanalmente e distribuídos en formato dixital por A Regueifa Plataforma. Agora están na páxina do grupo en www.bandcamp.com, tamén de balde. Son pezas de arqueoloxía.

A comezos deste ano intentárono por última vez, pero non puido ser. Adeus a Vale Tudo, e desta vez en serio. Rafa Mallo segue na batería de Triángulo de Amor Bizarro e Óscar Vilariño, substituído nos teclados por Zippo (Srasrsra), anda enzoufado en tres novos proxectos. Prepara a primeira maqueta de Musel, acaba de lanzar o debut de Mullet cun selo propio, Efepé Ediciones, e axiña entrará no catálogo de Acuarela coa primeira referencia de A Veces Ciclón, unha aventura que retoma algúns fíos soltos de Vale Tudo. En avecesciclon.bandcamp.com hai tres evidencias.

Mullet cita a Rafaella Carrá e cruza a Pantoja con María del Monte

Disputas pola autoría á parte, é cedo de máis para saber até que punto A Veces Ciclón retomará o material publicado ou inédito de Vale Tudo. En directo, iso si, están a caer algúns daqueles cortes. Impronta, por exemplo, que era o tema que abría o primeiro álbum, aínda en castelán e máis preocupado por unha certa aproximación ao slowcore e a música de raíz norteamericana (Giant Sand, Calexico) coa que Mallo e Vilariño querían deixar atrás a vocación ruidista de Triquinoise, de onde procedían, que por explorar os límites dos seus instrumentos. A percusión intuitiva de Mallo e a guitarra sintáctica de Vilariño apuraron máis na segunda (e última) entrega do dúo, á que pertence Silencio, o outro rescate. En Gris as letras seguían esqueléticas e líquidas, pero en galego.

Con No, Es el sol e Curtis, os tres temas que gravou con Marcos Junquera (Betunizer, La Orquesta del Caballo Ganador) en Valencia o pasado mes de agosto como primeiro ensaio de A Veces Ciclón, Óscar Vilariño volve transitar o espectro de La JR e AA Tigre, como na última etapa de Vale Tudo. O parecido con aquel material, de feito, é indisimulado. Junquera substitúe a Mallo na batería e Vilariño volve poñer voz, guitarra e letras. En apariencia, non hai demasiadas mudanzas, esa é a mala e a boa noticia. Os versos, iso si, vólvense ensarillar en castelán.

Nesa mesma lingua cantan Mullet, trío no que Vilariño (baixo), Olalla Caamaño (teclados) e Raúl García (guitarra) comparten as voces e alternan na batería. O seu autodenomínase emo mugre por culpa dunha accidentada tradución de Myspace e circula xa pola Rede en forma de álbum. Titúlase Salmonete, outra das moitas maneiras de alcumar o estilismo que bautiza o proxecto, e de momento pódese escoitar en mullet.bandcamp.com ou na web do selo que acaban de crear, Efepé Ediciones. A edición física, un CD-R con envoltorio artesanal, sairá coincidindo coa súa presentación en Lugo. Compartirán cartel con Holywater o 27 de xaneiro na sala Clavicémbalo.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

Gravado por Roberto Mallo en Lugo, agás un dos temas, que pasou polas mans de Arturo Vaquero no seu estudio de Abrigueiro, Salmonete está asinado por tres personaxes: Burger, Bragotas e El Ano. Naif, escatolóxico, bastardo, ecléctico, retranqueiro e rematadamente retro, o mesmo cita á Raffaella Carrà de En el amor todo es empezar (Holla Rafaella!) que cruza a Isabel Pantoja, María del Monte e Marifé de Triana cun fondo de distorsión (Pelo o camiseta), castelaniza pola brava a toponimia nacional (Puerto del sonido, antes coñecido como Porto do Son) ou pon a pan pedir o clero, a Familia Real española e as reservas heterocéntricas de Occidente. Sería soamente unha gamberrada se non fose porque El dilema de Margarita, e as declaracións da propia Margarita á Cadena Cope nunha manifestación da dereita -que se reproducen ao principio desta canción inofensiva, a última do disco-, revela que os gamberros son os outros.

Mullet era unha broma privada e acabou converténdose na primeira referencia de Efepé Ediciones, e o selo, que ía ser unicamente unha maneira de evitar que Salmonete acabase recluído nas seccións de maquetas -en que consiste unha maqueta hoxe, habería que preguntase- talvez teña continuidade. Óscar Vilariño, Olalla Caamaño e Raúl García queren publicar un recompilatorio de bandas afíns a Mullet en casete. Non se sabe, a tal hora, se aí entrará tamén Musel. A terceira hipótese do ex Vale Tudo, neste caso con Pablo Saavedra (Sebastopol) e a propia Caamaño, non terá material rexistrado até comezos do ano vindeiro. Todo en galego e polo camiño de Low.

Archivado En