Luces

O pianista Manuel Gutiérrez estrea disco

O pianista Manuel Gutiérrez (Ferrol, 1963) está de estrea por partida dobre. Con Illa da Lúa (Free Code Jazz Records), o seu novo disco, non só ve a luz un feixe de composicións propias senón un proxecto musical, xa que tamén supón o nacemento da súa formación más recente, un trío co batería ourensán Dani Domínguez e mailo contrabaixista Tom Warburton, habituais na escena catalana.

Gravado en Barcelona durante a primavera pasada, o álbum representa o debut como líder dun grupo deste pianista case autodidacta, con bases de conservatorio, e sólida traxetoria no mundo do jazz en Gal...

Suscríbete para seguir leyendo

Lee sin límites

O pianista Manuel Gutiérrez (Ferrol, 1963) está de estrea por partida dobre. Con Illa da Lúa (Free Code Jazz Records), o seu novo disco, non só ve a luz un feixe de composicións propias senón un proxecto musical, xa que tamén supón o nacemento da súa formación más recente, un trío co batería ourensán Dani Domínguez e mailo contrabaixista Tom Warburton, habituais na escena catalana.

Gravado en Barcelona durante a primavera pasada, o álbum representa o debut como líder dun grupo deste pianista case autodidacta, con bases de conservatorio, e sólida traxetoria no mundo do jazz en Galicia no seo do trío Sumrrá, que forma co batería Lar Legido e co contrabaixista Xacobe Martínez Antelo. Gutiérrez tamén ten presenza destacada nos discos da cantante de jazz Terela Gradín, con quen está a preparar novos temas a dúo para unha vindeira gravación, e do guitarrista de blues Víctor Aneiros. A comezos do ano que vén, entrará a gravar coa orquestra de jazz Factor-E-Reset, dirixida por Diego García e con composicións do guitarrista Marcos Pin. "Logo de anos facendo todo tipo de cousas, levaba bastante tempo dándolle voltas á idea de artellar algo máis persoal", explica Gutiérrez. "De feito, tiven moitos discos na cabeza que fun desbotando ata chegar a este". O seu encontro con Domínguez e Warburton, que tamén no quinteto de Terela Gradín, púxolle diante aos músicos que precisaba. O disco foi presentado no Teatro Jofre de Ferrol, a comezos de mes.

'Illa de Lúa'

Illa da Lúa, título dun dos enclaves que Gutiérrez visitou nunha viaxe por Bolivia en paralelo a unha xira con Sumrrá, está integrado por cinco temas novos e Serie B, un antigo inédito. "Non é un disco longo, apenas media hora. Gustábame a idea de escoitalo como os vinilos, dunha vez". Nesta caste de suite, o ferrolán pulsa as teclas da elegancia e da expresividade. E, a diferenza do seu referente máis coñecido, Sumrrá, Gutiérrez brilla neste trío con outra luz, máis lixeiro.

"Pola miña forma de tocar, teño a sensación de que sempre o fago igual, pero depende dos músicos cos estea e que, neste caso, todos os temas son meus. Eu non son diferente, é o entorno diferente". A liña de tempos é o único trazo vintage do álbum, porque a contemporaneidade é case a única premisa do pianista: "Procuro estar conectado co que ocorre e ser permeable a todo. Non sei se o consigo. Paréceme artificial irse a décadas pasadas".

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

Archivado En