A VER | Luces

A vista atrás

Van alá trinta anos de autonomía, o noso estatuto promulgouse o 6 de Abril de 1981. E ninguén lembrou tal cousa, nin partidos, nin institucións nin particulares. NINGUÉN. É indicativo do morta que está a nosa autonomía, precísanse millóns de euros de propaganda entregados á prensa "amiga" para silenciar este enterro do autogoberno galego, a asfixia da nacionalidade galega. E tan culpábeis son quen ocupa a Xunta como quen está na oposición, tanto ten que sexa premeditación, ignorancia, incapacidade ou irresponsabilidade.

Teño feito algún balance en páxinas de domingo do que supuxo esta x...

Suscríbete para seguir leyendo

Lee sin límites

Van alá trinta anos de autonomía, o noso estatuto promulgouse o 6 de Abril de 1981. E ninguén lembrou tal cousa, nin partidos, nin institucións nin particulares. NINGUÉN. É indicativo do morta que está a nosa autonomía, precísanse millóns de euros de propaganda entregados á prensa "amiga" para silenciar este enterro do autogoberno galego, a asfixia da nacionalidade galega. E tan culpábeis son quen ocupa a Xunta como quen está na oposición, tanto ten que sexa premeditación, ignorancia, incapacidade ou irresponsabilidade.

Teño feito algún balance en páxinas de domingo do que supuxo esta xeira histórica para o noso país, fíxeno desde a perspectiva de quen se comprometeu coa autonomía e quixo que fose unha ferramenta. Como a miña impresión é que foi un tremendo fracaso dirán que son pesimista, e que lle habemos facer.

Tamén son tres décadas para a literatura galega, terían de ser unha época de normalización. Non o foi, foron décadas nas que escritores, editores, lectores, algúns libreiros..., fixemos un esforzo esgotador e a edición e a literatura en lingua galega volve estar nun mal momento histórico. Unha breve ollada ao que acontece coa literatura en lingua catalana, que florece en lectores, resalta aínda máis este fracaso. Coincídeme que é o periodo no que escribín a obra literaria publicada baixo este nome de autor, podería escribir a crónica dese fracaso repasando conto a conto, novela a novela. Fáiseme duro de máis, deixémolo nun par de consideracións, na lembranza dun par de artigos de prensa publicados nos anos oitenta, "Día das Letras zombies" e "Instituto Rosalía", recollidos logo posteriormente en "F.M." Neses dous textos recollía dúas tarefas necesarias para que a nosa literatura sobrevivise nunha nova etapa histórica: nun texto criticaba a redución da cultura galega a unha mera institución e un museo e defendía a existencia da cultura e a literatura como industria. Mellor non lembrar todas as cousas que me chamaron, madialeva. E no outro propuña a creación dun organismo para difundir a cultura galega polo mundo adiante, non é que tivese moita acollida a proposta. Nada valeu de nada, eran cousas para intentar nos anos oitenta, a estas alturas xa non sabe un.

Nunca houbo vontade política de promover a cultura en lingua galega, en poucos países ten sobrevivido unha literatura co desamparo co que ten vivido até hoxe a literatura galega. E o desamparo destes anos de autonomía, cando se creou un goberno para defender e promover os nosos intereses e a nosa cultura, é un abandono culpábel. Son culpábeis, son.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

Archivado En