Luces

Nosoutras tamén facemos a lingua

Intelectuais galegas esixen maior presenza feminina na Real Academia

O 4 de marzo de 1945, Francisca Herrera Garrido ingresou na Real Academia Galega. Trinta e nove anos despois da súa fundación, a institución admitía por primeira vez a unha muller. Herrera Garrido, autora da novela Néveda, ideoloxicamente reaccionaria, tratou a figura de Rosalía de Castro no seu discurso de ingreso. Escrito en castelán, o texto enumera os tópicos recorrentes na lectura da poeta durante os anos escuros: "Pasaste por la vida -vestal de tu religión poética-, recogiendo tu ropaje místico, el verso, en tus pálidos lábios y el amor en tu corazón: cruzaste la punzante espesura, ruise...

Suscríbete para seguir leyendo

Lee sin límites

O 4 de marzo de 1945, Francisca Herrera Garrido ingresou na Real Academia Galega. Trinta e nove anos despois da súa fundación, a institución admitía por primeira vez a unha muller. Herrera Garrido, autora da novela Néveda, ideoloxicamente reaccionaria, tratou a figura de Rosalía de Castro no seu discurso de ingreso. Escrito en castelán, o texto enumera os tópicos recorrentes na lectura da poeta durante os anos escuros: "Pasaste por la vida -vestal de tu religión poética-, recogiendo tu ropaje místico, el verso, en tus pálidos lábios y el amor en tu corazón: cruzaste la punzante espesura, ruiseñor impaciente, esparciendo el perfume de tu nombre por nuestra señorial, nobílisima Galicia". Catro décadas tardaría en entrar Olga Gallego, a que foi bibliotecaria da Academia até a súa morte, o catro de setembro do pasado ano.

Ledo: "É constatábel que somos poucas e que están entrando máis varóns"
Na galega hai maior proporción de mulleres que nas outras hispánicas
Más información

"A resposta ideal é que as próximas vacantes sexan ocupadas por mulleres", expresou onte a profesora da Universidade de Santiago de Compostela, Dolores Vilavedra. Fíxoo na presentación do manifesto O xogo das cadeiras (reproducido embaixo), asinado por 52 escritoras e docentes e que reclama maior presenza feminina na Real Academia Galega. "É un mal síntoma que unha institución como a Academia siga mostrando reticencias á entrada de mulleres", engadiu a escritora María Reimóndez, que, canda a poeta Yolanda Castaño e a novelista Inma López Silva, participou na comunicación pública das súas reivindicacións.

Das catro cadeiras vacantes da Academia, dúas xa foron asignadas. Unha, ao sociolingüista Henrique Monteagudo, pendente de ler o discurso. A outra coñeceuse hai unha semana e foi dar ao filólogo Xosé Luís Regueira, que ocupará, precisamente, o lugar de Olga Gallego. O plenario da institución votou á marxe da campaña social, apoiada polo Concello de Vigo, que promovía a candidatura da escritora e histórica feminista María Xosé Queizán. "O número de mulleres que hai neste momento na Academia non é unha minoría, é insignificante", considerou onte Reimóndez.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

Dos 28 postos da rúa Taberna con propietario, catro pertencen á filologa Rosario Álvarez (entrou en 2003), ás poetas Luz Pozo Garza (1996) e Xohana Torres (2001) e á cineasta e escritora Margarita Ledo Andión (2009). Para cubrir as cadeiras baleiras, o plenario -órgano rector da Academia, composto de 30 membros numerarios- proclama a vacante. Na seguinte asemblea, preséntase as opcións, sempre respaldadas por un mínimo de tres académicos. Nunha terceira xuntanza, os 30 -arestora son 26 os activos- votan as candidaturas, pero só unha de cada vez.

"É constatábel que somos poucas mulleres e tamén é constatábel que as vacantes se están cubrindo con varóns", admite Ledo Andión. A tamén xornalista asegura que, ademais, hai un compromiso interno para que aumente a presenza feminina na Academia. "Este asunto foi debatido" di, "pero agora hai que solucionalo na práctica, ir alén da opinión". A algunha das dúas últimas prazas asignadas -as de Henrique Monteagudo e de Xosé Luís Regueira- tamén aspiraron candidaturas de mulleres, derrotadas en votación.

O presidente da Academia, Xosé Luís Méndez Ferrín, non fai comentarios sobre a situación. E a propia Margarita Ledo cifra as orixes do estado da cuestión na historia institucional. "As academias eran as reunións de connaiseurs", argúe, "e eses connaiseurs eran homes; hai razóns históricas e sociais que explican porque somos poucas mulleres".

Pero a escaseza de voces femininas na rúa Tabernas non é característica específica da Real Academia Galega. Na sección de filoloxía do Institut d'Estudis Catalans, fundado en 1907 e o homólogo da institución que en Galicia encabeza Ferrín, sentan seis mulleres -Teres Cabré, Maria Josep Cuenca, Aina Moll, Gemma Rigau, Mila Segarra e Mariámgela Vilallonga- dun total de 38 membros. E na academia vasca, a Euskaltzandia, nada en 1919, catro -Sagrario Aleman, Aurelia Arkotxa, Miren Azkarate e Ana Toledo- de 30. Tampouco a Real Academia Española, onde a súa última incorporación foi a filóloga Inés Fernández-Ordóñez, conta con maior representación de xénero feminino entre os seus 42 numerarios: Soledad Puértolas, Margarita Salas, Carmen Iglesias e Ana María Matute.

Outro académico galego, Xosé Luís Axeitos, fai cadrar a reivindicación de voces femininas na institución co movemento feminista en Occidente. "É preciso recoñecer a achega intelectual das mulleres e que adquiran maior visibilidade", opina. Axeitos, tamén secretario da Academia, non é partidario, con todo, do sistema de cotas e matiza, "aínda que non se trata dunha xustificación", que "a galega é a academia hispánica con maior representación feminina". Tamén lembra que antes da Guerra Civil había 16 académicas correspondentes e que a problemática é debatida no interior da institución.

Entrementres, o manifesto O xogo das cadeiras está aberto a recoller a sinatura de homes. E o PSdeG emitiu un comunicado de apoio á iniciativa, á que calquera se pode sumar no blog homónimo do texto.

Archivado En