Columna

Cando alguén sexa Risco

Cando alguen sexa Risco, daquela estará á súa altura para polemizar coel. Mentres, só imos sofrir miudas cantinas inofensivas dos ananos que coidan ser David. Ata o venres 18 de marzo, a páxina asinada por Suso de Toro na edición galega de EL PAÍS non sobrepasaba unha anécdota máis, serodia e insignificante, dentro do enferruxado exercicio de obediencia a dogmas partidarios. Ata o pasado 18. Porque daquela o diario adicou as dúas páxinas centrais do caderniño ao mal chamado debate arredor de Risco, mais non a recoller opinións, senón como pretendida información a cargo dun redactor. En momento...

Regístrate gratis para seguir leyendo

Si tienes cuenta en EL PAÍS, puedes utilizarla para identificarte

Cando alguen sexa Risco, daquela estará á súa altura para polemizar coel. Mentres, só imos sofrir miudas cantinas inofensivas dos ananos que coidan ser David. Ata o venres 18 de marzo, a páxina asinada por Suso de Toro na edición galega de EL PAÍS non sobrepasaba unha anécdota máis, serodia e insignificante, dentro do enferruxado exercicio de obediencia a dogmas partidarios. Ata o pasado 18. Porque daquela o diario adicou as dúas páxinas centrais do caderniño ao mal chamado debate arredor de Risco, mais non a recoller opinións, senón como pretendida información a cargo dun redactor. En momento algún dese traballo se fai referencia á Fundación Vicente Risco, con sede en Allariz, onde está aberta a casa-museu do mestre. Non só iso, senón que ningún membro da Xunta de Goberno, presidida por María Xesús Martínez-Risco, tivo a oportunidade de expresar a súa opinión. Isto, francamente, non é serio nin profisional nin éticamente. Porén a Fundación decidiu manter a súa postura decote, sen respostar institucionalmente a xuízos de valor de raíz ideolóxica, pois respecta escrupulosamente a liberdade de expresión. Sen prexuízo de se reservar todos os medios legais perante eventuais imputacións de feitos incursos en calunia ou inxuria.

Malia estas consideracións, o que subscribe, a título persoal mais tamén na súa inseparábel condición de vicepresidente da Fundación, remesa por segunda vez un texto sobre o asunto. E digo por segunda vez, xa que na primeira enviou unha Carta al director, aténdose ás normas da sección, en lingua galega, a cal non foi merecente de publicación. Nela aducía unha serie de comentarios a propósito do autor da Teoría do nacionalismo galego, coa fin de deixar moi claro que nunca foi fascista; nunca se beneficiou, nin directa nin indirectamente, do Réxime de Franco; nunca formou parte do Movimiento, nin fixo contribución algunha ás arcas do sistema. Certamente tomou partido no enfrontamento co materialismo marxista, e mais caeu na trapela do maniqueísmo dos tempos, perlongados na Guerra Fría, o mesmo erro que, pola outra banda, cometeron numerosos intelectuais de sona, servís ao estalinismo. Engadía que as delirantes afirmacións de De Toro -no artigo titulado Tráxico bufón, intruso pertubador - constituían a única e verdadeira bufonada deste caso.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
Suscríbete

Archivado En