Luces

Carlos Blanco, 'Ordem e progresso'

O humorista Carlos Blanco é un dos artistas que mais teñen explorado nos últimos tempos as posibilidades de Brasil e do mundo lusófono. Primeiro co músico de Guiné Bisau Manecas Costa, co que montou o espectáculo Humor Neghro, e agora con varios músicos brasileiros, cos que bota a andar o proxecto Ordem e progresso, título tomado da lenda da bandeira brasileira. A boa acollida que Humor Neghro tivo en Portugal, onde pechou unha decena de actuacións polo país, animou a Blanco a buscar obxectivos maiores: "Tiñamos necesidade de medir as posibilidades, e vin teatros portugues...

Suscríbete para seguir leyendo

Lee sin límites

O humorista Carlos Blanco é un dos artistas que mais teñen explorado nos últimos tempos as posibilidades de Brasil e do mundo lusófono. Primeiro co músico de Guiné Bisau Manecas Costa, co que montou o espectáculo Humor Neghro, e agora con varios músicos brasileiros, cos que bota a andar o proxecto Ordem e progresso, título tomado da lenda da bandeira brasileira. A boa acollida que Humor Neghro tivo en Portugal, onde pechou unha decena de actuacións polo país, animou a Blanco a buscar obxectivos maiores: "Tiñamos necesidade de medir as posibilidades, e vin teatros portugueses postos en pé, o que me empuxou a tentar obxectivos maiores".

Entre eses novos obxectivos está o de intentar introducir no mercado brasileiro o seu espectáculo Ordem e progresso, no que trata de expoñer "unha idea persoal dese país en clave de humor", explica Carlos Blanco desde São Paulo, onde se atopa estes días estabelecendo contactos para o futuro. "O meu proxecto vai a medio prazo, a uns dous anos vista, e estou explorando posibilidades. Polo de agora, São Paulo paréceme un bo lugar para empezar. É unha cidade urbana, moderna e vexo que aquí podería ter cancha o que eu fago, na onda do stand-up", explica Blanco sobre este espectáculo que poderá verse en Galicia a partir do 11 de febreiro, primeiro en Vilagarcía e despois xirará por Castela A Mancha no segundo semestre do ano.

Más información

"O humor viaxa peor que a música ou que a coprodución audiovisual, por exemplo, pero creo que hai posibilidades", recoñece este humorista, quen confesa que aínda non se explica como non é máis fluído o intercambio cultural entre Galicia e Brasil. "Hai que empezar por deixar de entender Brasil como algo único, e tratar de chegar a acordos por estado. De feito xa está pasando con acordos con lugares como Minas Gerais, e aí pode haber vías interesantes", explica o actor arousán, que sente devoción por este país.

Entre as reflexións de Blanco están tamén o que él considera unha "falta de previsión" sobre a potencialidade que Brasil ía adquirir actualmente no contexto mundial: "Non se souberon ver as posiblidades que podería ter este país. Pero esa é tamén agora a gran esperanza. Brasil ofrece posibilidades non só ós músicos, senón tamén a técnicos en hostalaría ou enxeñeiros. Falar galego é unha avantaxe alí e iso supón tamén unha esperanza para o noso idioma". Mentres Blanco tenta abrir portas en São Paulo, conclúe cunha reflexión na liña da súa ironía habitual: "Resumindo en poucas palabras, eles gostan moito de mirarse no espello e nós nunca fomos grandes vendedores".

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO