BIEITO IGLESIAS | Luces

"O referente é real e tópico á vez"

Memorias dun neno labrego ten a virtude de facer coincidir nun mesmo texto o realismo máis crú coa visión, só en parte inxenua, do neno que habita o rural galego dos anos corenta. Co tempo, este aspecto é o que máis valora o Bieito Iglesias (Ourense, 1957) ao volver ao clásico de Neira Vilas. Descubriu a Balbino sendo estudante de bacharelato e xa por entón o sorprendeu a novidade da novela. "Era diferente a todo o que lera antes", asegura o escritor, acostumado ás aventuras de Verne e Stevenson. "A primeira lectura mesmo me lembrou a Matar un ruiseñor polo seu entorno rural e o ...

Suscríbete para seguir leyendo

Lee sin límites

Memorias dun neno labrego ten a virtude de facer coincidir nun mesmo texto o realismo máis crú coa visión, só en parte inxenua, do neno que habita o rural galego dos anos corenta. Co tempo, este aspecto é o que máis valora o Bieito Iglesias (Ourense, 1957) ao volver ao clásico de Neira Vilas. Descubriu a Balbino sendo estudante de bacharelato e xa por entón o sorprendeu a novidade da novela. "Era diferente a todo o que lera antes", asegura o escritor, acostumado ás aventuras de Verne e Stevenson. "A primeira lectura mesmo me lembrou a Matar un ruiseñor polo seu entorno rural e o protagonista infantil", confesa.

Máis tarde chegaría a ideoloxía, a denuncia do abuso ao que estaban sometidos Balbino e os seus. Que o neno labrego pensara coma un home impactou profundamente a Iglesias na segunda lectura do libro. "O aspecto ideolóxico afogoume", recoñece. Malia todo, o escritor recoñece a vixencia da obra no tempo e no espazo. "O referente é a vez real e tópico, supoño que porque todos nos identificamos como descendentes do arado".

Más información
Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

Archivado En