Luces

Novos lanzamentos da animación

Na gris zona industrial do polígono do Tambre de Santiago camúflanse dúas grandes naves onde traballa a marchas forzadas o amplo equipo do filme de animación O Apóstolo. Platós provisionais, delicados bonecos e profesionais de Estados Unidos ou Canadá que traballan para rematar este mes o traballo de produción. O 17 de xullo é o día previsto para a estrea mundial en Santiago de Compostela. "En maio trataremos de pechar en Cannes as vendas internacionais. Agardamos estrear o filme en cines en Setembro", explica Isabel Rey, produtora executiva do filme.

O Apóstolo é un dos v...

Suscríbete para seguir leyendo

Lee sin límites

Na gris zona industrial do polígono do Tambre de Santiago camúflanse dúas grandes naves onde traballa a marchas forzadas o amplo equipo do filme de animación O Apóstolo. Platós provisionais, delicados bonecos e profesionais de Estados Unidos ou Canadá que traballan para rematar este mes o traballo de produción. O 17 de xullo é o día previsto para a estrea mundial en Santiago de Compostela. "En maio trataremos de pechar en Cannes as vendas internacionais. Agardamos estrear o filme en cines en Setembro", explica Isabel Rey, produtora executiva do filme.

O Apóstolo é un dos varios filmes de animación que estarán rematados en Galicia ó longo deste ano. Outra das películas que estará listas é As aventuras de Xoán sen medo, producida por Abano, e impulsada pola ferrolá Chelo Loureiro, produtora executiva e coguionista do filme xunto co portugués Luis da Matta, director da mesma. "Tivemos unha planificación moi xusta, e agora estamos mellorando a produción un pouco", explica Loureiro, que traballa en paralelo noutros proxectos. Un deles, o filme A tropa de trapo, que parte dunha serie de televisión de TV3 e será dirixida polo catalán Alex Colls.

Para este ano tamén estará lista Linko, producida por IB Cinema e dirixida por Xosé Zapata, que leva cinco anos traballando neste proxecto de animación. "É unha película de ciencia-ficción con toques de thriller e a idea é presentala en Sitges cara a finais de outubro", avanza Zapata. Este director e produtor advirte de que "a animación está bastante parada, e hai empresas que atravesan situacións delicadas". Unha destas empresas é Dygra, na que a produción se veu ralentizada ultimamente por diversos conflitos laborais. Para finais deste ano está prevista a estrea en cines de Holy Night a última obra da factoría coruñesa, dirixida por Juan Galiñanes e David Rubín, que nuns días se dará coñecer no mercado do festival de Cannes.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

Archivado En