Luces

2.0 Editora, dacabalo entre o dixital e o papel

Hai quen no debate sobre o papel e o dixital opta por posicionarse nun ou noutro estremo. Non é o caso de 2.0 Editora, que onte presentou o seu proxecto na libraría Couceiro de Compostela e que combinará as innovacións cos soportes de edición tradicionais. Para a divulgación opta polo dixital, para a literatura prefire o papel.

Antón Lado, membro desta nova editora radicada no concello de Ames, asegura que o libro electrónico entende de xéneros e de temas, por iso non renuncia á impresión, e por iso a carta de presentación de 2.0 Editora é de corte tradicional. ...

Suscríbete para seguir leyendo

Lee sin límites

Hai quen no debate sobre o papel e o dixital opta por posicionarse nun ou noutro estremo. Non é o caso de 2.0 Editora, que onte presentou o seu proxecto na libraría Couceiro de Compostela e que combinará as innovacións cos soportes de edición tradicionais. Para a divulgación opta polo dixital, para a literatura prefire o papel.

Antón Lado, membro desta nova editora radicada no concello de Ames, asegura que o libro electrónico entende de xéneros e de temas, por iso non renuncia á impresión, e por iso a carta de presentación de 2.0 Editora é de corte tradicional. Sen noticias de Gurb, de Eduardo Mendoza; Guía do autostopista galáctico, de Douglas Adams y Un idioma preciso, de Xusto Rodríguez Río, traducidas ao galego por primeira vez, levan dende o un de marzo nas librarías de Galicia. O traballo de Rodríguez Río, centrado na linguaxe da ciencia, inaugurará en abril a colección dixital, que permitirá aos clientes descargar a obra dende a páxina web da editorial.

Literatura 'lixeira'

A nova editora publicará obras de autores estranxeiros, ou que en todo caso non escriban en lingua galega, e reivindica a sátira e o humor como eixes da súa actividade. "Iso que ás veces se cataloga como literatura lixeira e que nós preferimos chamar ficción social", explica Lado, que xa viña desenvolvendo tareas de edición en Reverso Comunicación, de onde saíu o equipo co que botou a andar 2.0 Editora. En abril sairá do prego O home que era xoves, do inglés G. K. Chesterton, e A ditadura da incompetencia, do catalán Xavier Roig, que tamén poderá adquirirse en soporte dixital.

Se a ficción busca a parodia, o ensaio de 2.0 Editora bebe da crítica. "Buscamos temas provocadores, que obriguen a reflexionar", insiste Lado. Cre que o fetichismo do libro é maior na obra literaria que na científica, pero defende que sexa o autor quen escolla o soporte no que se publicará a súa obra. Malia non ser un proxecto de autoedición, 2.0 Editora permitirá dentro de pouco a publicación de textos novos con asesoramento profesional. O autor escollerá o soporte en función dos costes que poida asumir, e os editores "dialogarán con el e aconsellarano no enfoque".

Non son moitas as editoriais galegas que apostan abertamente polo dixital. Xerais lanzou os seus primeiros libros electrónicos o ano pasado. Logo tamén o fixeron Galaxia e Ir Indo.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

Archivado En