Luces

A poética sen fronteiras de Disque Danza e Factoría

Hai xa uns cantos anos que Olga Cameselle e Alfredo Rodríguez decidiron compartir canles de creación escénica desde os seus respectivos puntos de partida: a danza, ela; el, o teatro. Pioneira na profesionalización da danza en Galicia, Cameselle foi unha das fundadoras de Dobre Xiro, en 1996, e daquela compañía naceu, en 2003, Disque Danza; mentres que Rodríguez está á fronte de Factoría Teatro desde 1992. Bases, en todo caso, que estes creadores multifacéticos endexamais entenderon como excluíntes. O centro de formación A Artística, que xestionan en Vigo, é o seu lugar de traballo, de investig...

Suscríbete para seguir leyendo

Lee sin límites

Hai xa uns cantos anos que Olga Cameselle e Alfredo Rodríguez decidiron compartir canles de creación escénica desde os seus respectivos puntos de partida: a danza, ela; el, o teatro. Pioneira na profesionalización da danza en Galicia, Cameselle foi unha das fundadoras de Dobre Xiro, en 1996, e daquela compañía naceu, en 2003, Disque Danza; mentres que Rodríguez está á fronte de Factoría Teatro desde 1992. Bases, en todo caso, que estes creadores multifacéticos endexamais entenderon como excluíntes. O centro de formación A Artística, que xestionan en Vigo, é o seu lugar de traballo, de investigación e de punto de encontro físico dos equipos das compañías, agrupacións afeitas a mesturarse no escenario en coproducións que pulverizan as disciplinas: Castronós, O baile, Crónica de días enteiros, de noites enteiras e a recente Des-memoria-2, en cartel desde hoxe (22.00 horas) e durante esta fin de semana no Teatro Ensalle de Vigo.

"É unha evolución natural que nos leva a investigar unha linguaxe mestiza entre a danza e o teatro", revela a coreógrafa. O tándem Cameselle-Rodríguez estreou Des-memoria-2 como peza en movemento en Ferrol, e deixouna medrar na Galería Ad Hoc de Vigo co gallo da exposición Pintar e danzar, coa participación de Suso Fandiño, Nano 4814 e Jorge Perianes, entre outros artistas plásticos, o pasado verán.

No laboratorio

Durante este inverno, o dúo devolveuna ao laboratorio e realizou unha residencia artística no Teatro Ensalle, o campo de probas desta montaxe que fala os idiomas da danza e do teatro a través dun texto colectivo no que intervén o autor moañés Santiago Cortegoso (Premio Rafael Dieste 2009). "O texto e a teatralidade desenvólvense igual có movemento-danza: permútanse na acción escénica. Os movementos xestuais e formais aférranse á poética da danza, na que as imaxes se explican por si mesmas".

Ese todo no que tamén interveñen a escenografía, o vestiario dos deseñadores de La Canalla, colaboradores habituais, a música e a luz, converxe na cuestión senlleira da identidade, deconstruída desde o esquecemento e con moitas pingas de humor. "A partir do xogo de perder a memoria ou de desdebuxar as lembranzas, configuramos un puzzle onde os recordos reais, os inventados, os roubados e as preguntas sobre a memoria, constitúen o fío".

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

Archivado En