A VER | Luces

Este fracaso da literatura galega

Este ano pasado foi de inflexión de cousas importantes, tamén para a literatura galega.

Cérrase unha época da historia de España, a crise do Estatuto de Catalunya sinala a fin dun consenso histórico: o acordo que sustenta esta democracia, o recoñecemento constitucional dos cidadáns e das comunidades políticas nacionais; o acordo plasmouse na constitución das autonomías. Convénnos espertar: isto acabou, a autonomía era unha oportunidade. E perdémola. Desde a Idade Media non houbo outro momento da literatura escrita na Galiza como o ciclo destes 30 anos da autonomía. Estas tres décadas fo...

Suscríbete para seguir leyendo

Lee sin límites

Este ano pasado foi de inflexión de cousas importantes, tamén para a literatura galega.

Cérrase unha época da historia de España, a crise do Estatuto de Catalunya sinala a fin dun consenso histórico: o acordo que sustenta esta democracia, o recoñecemento constitucional dos cidadáns e das comunidades políticas nacionais; o acordo plasmouse na constitución das autonomías. Convénnos espertar: isto acabou, a autonomía era unha oportunidade. E perdémola. Desde a Idade Media non houbo outro momento da literatura escrita na Galiza como o ciclo destes 30 anos da autonomía. Estas tres décadas foron un éxito artísticamente, debemos sentirnos orgullosos como escritores e como lectores. Tampouco non ten por que ser un periodo xa rematado, seguiranse a escribir en galego libros máis diversos e mellores que nunca, mais o balance destes 30 anos considerada a literatura social e nacionalmente é un fracaso.

Desde o comezo, coa preautonomía e a autonomía, debuxábase para quen quixera velo un novo panorama: abríase futuro para unha literatura que até entonces sobrevivira resistindo. Había que pasar da resistencia á existencia normalizada socialmente, esa era a tarefa para as novas xeracións. A literatura galega debía pasar das mans dos galeguistas, que a criaran, a desembarcar no país. Debera tamén ser exportada e dada a coñecer como calquera outra, os nosos libros contrastados cos demais. A nosa literatura debía reconfigurarse e transformarse en relación coa sociedade e conseguir ser asumida e querida polo conxunto da sociedade.

Trinta decisivos anos despois, a literatura galega segue a ser un hóspede no seu propio país, hoxe semella ser un hóspede indesexado. Aumentaron os lectores en galego significativamente, porén Galiza, como país que se expresa a través dos gobernos elixidos, decidiu non apoiar á súa literatura. Mentres, España continuou estes anos negándolle o espazo ás linguas e literaturas que non fosen a castelá. O actual Goberno da Xunta atrévese a dicir en voz alta que a existencia da nosa lingua e literatura son un problema e unha imposición. Nunca nos viramos tan desautorizados e custionada a nosa existencia desta maneira. Trátase dunha mutación política, certo, mais sería imposíbel sen o fracaso anterior da nosa autonomía. Nin sequera a Xunta bipartita procurou resituar á literatura galega no centro da sociedade.

Hai sensación de frustración e unha amargura, que non conciencia clara, que pode levar a escritores a buscar a explicarse as súas dificultades pola competencia dos coetáneos. Non hai tal, o fracaso é colectivo, a explicación do noso fracaso está no fracaso da autonomía galega. Fomos incapaces de aproveitar unha oportunidade histórica e seremos incapaces sequera de recoñecelo.

susodetoro.blogaliza.org

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

Archivado En