LUCES

'Descarga ao vivo' aspira a catro Premios de la Música

A simbiose musical entre Cuba e Galicia recollida no CD e DVD Descarga ao Vivo aspira a conseguir catro nominacións aos XIV Premios de la Música. Este combo sonoro trasatlántico compite nas categorías de mellor álbum, mellor álbum de fusión, mellores produtores (o cubano Alejandro Vargas e os galegos Pedro Pascual e Marcos Teira) e mellor técnico (José Trincado, Triki). Esta produción discográfica e audiovisual, baseada na densa investigación bibliográfica efectuada polo historiador Ramóm Pinheiro na procura das raíces desta convivencia sonora e anímica, foi gravada en directo en...

Suscríbete para seguir leyendo

Lee sin límites

A simbiose musical entre Cuba e Galicia recollida no CD e DVD Descarga ao Vivo aspira a conseguir catro nominacións aos XIV Premios de la Música. Este combo sonoro trasatlántico compite nas categorías de mellor álbum, mellor álbum de fusión, mellores produtores (o cubano Alejandro Vargas e os galegos Pedro Pascual e Marcos Teira) e mellor técnico (José Trincado, Triki). Esta produción discográfica e audiovisual, baseada na densa investigación bibliográfica efectuada polo historiador Ramóm Pinheiro na procura das raíces desta convivencia sonora e anímica, foi gravada en directo en febreiro de 2009 no Teatro Mella de La Habana e en tres concertos realizados en Vigo, Santiago e A Coruña o pasado verán.

Descarga ao Vivo é unha iniciativa conxunta do Conservatorio de Música Popular- A Central Folque de Santiago e do Instituto Superior de Arte de Cuba, que contou coa participación de sobranceiros músicos cubanos e galegos. Alén do rexistro audiovisual de parte das actuacións, o DVD aporta curiosidades como a versión de Aí vén o maio realizada por Pablo Milanés no concerto habaneiro. Amais de presentar as súas candidaturas ao certame, esta iniciativa de fusión musical continúa promocionándose fóra de Galicia noutras presentacións. As vindeiras citas terán lugar, a finais deste mes, en Madrid e en Barcelona, cidade na que parte dos músicos ten previsto actuar no Ateneu Popular de Nou Barris.

Outros nominados

Outros grupos galegos como o Cuarteto Caramuxo e Nova Galega de Danza tamén agardan posicionarse na competición, da man das súas novidades discográficas. Caramuxo opta cunha nominación ao mellor álbum de música tradicional, Tiruriru. Pola súa banda, Nova Galega de Danza concorre en dúas categorías: mellor álbum de música tradicional, Tradicción, e mellor canción en galego, Cantar dos arrieiros da Lamosa.

O vindeiro domingo, 17 de xaneiro, rematará o prazo para emitir as votacións, ás que poden acceder os autores e intérpretes membros da Academia das Artes e das Ciencias da Música, como entidade convocante do certame, ademais doutros profesionais da industria musical e da prensa especializada. O ditame deste censo determinará quen serán os finalistas destes premios, creados en 1996 pola Sociedad General de Autores y Editores (SGAE) e a Fundación Autor.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

Archivado En