Luces

Un discurso sobre memoria, ecoloxía e lingua

"Entrar na Academia sería interesante aínda que soamente fose polo exercicio de reflexión que tiven que facer para o discurso", di Rivas entre a ironía e a boutade, unha das súas mesturas características (a outra é de pesimismo e optimismo). O discurso titúlase A boca da literatura. Memoria, ecoloxía e lingua.

"A memoria non se refire á memoria histórica, senón a que a literatura é mirar, esculcar polo ollo da pechadura da historia e prender un misto na escuridade -tampouco dá para máis- para que haxa un pouco de luz. Tamén está a outra memoria, a sensorial que ten que ver...

Suscríbete para seguir leyendo

Lee sin límites

"Entrar na Academia sería interesante aínda que soamente fose polo exercicio de reflexión que tiven que facer para o discurso", di Rivas entre a ironía e a boutade, unha das súas mesturas características (a outra é de pesimismo e optimismo). O discurso titúlase A boca da literatura. Memoria, ecoloxía e lingua.

"A memoria non se refire á memoria histórica, senón a que a literatura é mirar, esculcar polo ollo da pechadura da historia e prender un misto na escuridade -tampouco dá para máis- para que haxa un pouco de luz. Tamén está a outra memoria, a sensorial que ten que ver coa propia experiencia, e a miña está moldeada polo pan de broa con sardiñas polo San Xoán, ou o magosto", explica o futuro académico.

Rivas confesa que dubidou se falar no Paraninfo da Universidade da Coruña, o lugar onde tomará posesión, de literatura e memoria ou de ecoloxía e creación literaria. "A ecoloxía está presente en toda a cultura galega. O primeiro texto dirixido ex profeso aos galegos, o De correctione rusticorum de Martiño Dumiense, en pleno reino suevo, explica que non manda o Demo máis ca Deus, e que as pedras non falan. E o momento fundacional de Galicia é cando falan as pedras arquitectonicamente e florece a lingua, unha fertilización mutua na que o país comeza a cantar. Os cancioneiros dos séculos XII e XIII son poemas interrogativos nos que o poeta pregúntalle ao mar onde está seu amigo, exactamente igual que Pondal se pregunta, na letra do himno, que din os pinos. Manuel Antonio di a chuvia métese dentro e comeza a escribir, e logo Amado Carballo contesta que os piñeiros están mortos e o vento anda á procura daqueles que o facían falar".

As dúas opcións, os dous camiños, acabaron confluíndo "porque para min, a memoria é a memoria fértil, a que é un presente recordado, non unha ollada pretérita ao pasado. E aí falo de como Mnemósine, a deusa da memoria, se encarna en Galicia. Mnemósine é a deusa máis interesante da mitoloxía grega, porque logo de facer o amor nove días con Zeus, dela saen nun parto múltiple todas as musas. A memoria é a deusa máis fértil e a nai de todas as divindades das artes, as que foron vivir a carón as fontes. Algo moi relacionado co propio avatar galego da relación coa natureza, a tradición na que as fontes están cheas de seres imaxinarios, e son ademais un elemento literario en si. O mesmo que unha meiga é unha musa, non un ser repugnante e negativo".

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

Archivado En