Unha expansión ben ordenada

Onte arrincou, en Santiago de Compostela, a cuarta edición do festival Via Stellae. A conmemoración do ano Haendel, xa dende o seu concerto inaugural coas voces de Sandrine Piau e Sara Mingardo, máis a orquestra Concerto Italiano con Rinaldo Alessandrini á fronte, é a proba de ADN das súas orixes. Como di o seu director artístico, José Víctor Carou, "a especialización do festival é a chave da súa forte personalidade" e directores como Alessandrini, Minkowski o Gardiner, "achegan sempre un concepto acorde coa súa liña". Mais se algo debe caracterizar un denominado Festival de Música de Composte...

Suscríbete para seguir leyendo

Lee sin límites

Onte arrincou, en Santiago de Compostela, a cuarta edición do festival Via Stellae. A conmemoración do ano Haendel, xa dende o seu concerto inaugural coas voces de Sandrine Piau e Sara Mingardo, máis a orquestra Concerto Italiano con Rinaldo Alessandrini á fronte, é a proba de ADN das súas orixes. Como di o seu director artístico, José Víctor Carou, "a especialización do festival é a chave da súa forte personalidade" e directores como Alessandrini, Minkowski o Gardiner, "achegan sempre un concepto acorde coa súa liña". Mais se algo debe caracterizar un denominado Festival de Música de Compostela e os seus Camiños é ter clara a diferenza entre orixe, camiño e meta.

O crecemento de Via Stellae non é froito dun proído cuantitativo dos seus creadores, senón a consecuencia lóxica dunha ordenada planificación, que asegura cada paso antes de se atrever a dar o seguinte. A súa orixe deulle forza para se ramificar no período clásico e, ao tempo, no romántico. Pero a música culta posterior tamén frutificou en 2008 no ciclo denominado Via Stellae 20/21, cunha axeitada atención á creación contemporánea, especialmente a galega, nunha actividade que promete conquistar aínda moito terreo en vindeiras edicións.

Os Concertos Exprés, de apenas media hora de duración e celebrados en edificios singulares, reflicten a súa capacidade de adaptación a características e necesidades da cidade turística que sempre, e máis no verán, é Santiago. Calidade musical administrada en pequenas doses, que atrae o paseante e serve de imán para máis concertos enfocados cara a un turismo de calidade. Música e arte que unen o pracer de escoitar un concerto de calidade ao de gozar da arquitectura relixiosa galega, na edición deste ano en igrexas de Allariz e o Mosteiro de Poio.

Via Stellae iniciou en 2008 a gravación en disco dalgún dos seus concertos. Os seus froitos consistiron, de momento, unha ígnea versión do Concerto de violín de Chaicovsqui e unha Misa en Si menor de Johan Sebastian Bach arrepiante pola súa pureza e sobriedade. A vocación de transcendencia que amosan estas gravacións fai albiscar un futuro prometedor para o festival. 2010 será Ano Santo compostelán no relixioso e Xacobeo no civil. As institucións deben dar un xeneroso pulo, achegar ideas e protexelo dos vaivéns políticos. Así, o futuro de Via Stellae poderá ser mesmo máis vizoso nos vindeiros anos.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

Archivado En