A VER | Luces

Intelectuais e política

Desde logo que se teño que falar de min propio tería que falar desa relación íntima entre os intelectuais e a política. Non lle dou ao termo "intelectual" ningún carácter exclusivo ou elitista, simplemente son aquelas persoas que na vez de traballar coas mans, como deberan (como ben viu o Marx), traballan coa linguaxe, coas ideas, coa ideoloxía. O seu traballo, pois, abrangue inevitabelmente a política, aínda que debera ir alén da política; os intelectuais pois son parte do espazo público en xeral e do espazo político en concreto.

Nas sociedades normalizadas o intelectual desenvolve a s...

Suscríbete para seguir leyendo

Lee sin límites

Desde logo que se teño que falar de min propio tería que falar desa relación íntima entre os intelectuais e a política. Non lle dou ao termo "intelectual" ningún carácter exclusivo ou elitista, simplemente son aquelas persoas que na vez de traballar coas mans, como deberan (como ben viu o Marx), traballan coa linguaxe, coas ideas, coa ideoloxía. O seu traballo, pois, abrangue inevitabelmente a política, aínda que debera ir alén da política; os intelectuais pois son parte do espazo público en xeral e do espazo político en concreto.

Nas sociedades normalizadas o intelectual desenvolve a súa actividade na prensa "nacional" e trata dos temas sociais, culturais, políticos. Na Galiza iso non é exactamente así, os intelectuais que existen son na práctica todos eles galeguistas ou antigaleguistas, a cuestión nacional condiciónanos a todos. Non é moi distinto o que vemos na prensa madrileña, un espazo ideolóxico intoxicado polo nacionalismo até o borde da paranoia, a loucura exaltada.

Entre nós chega a ser tal a intoxicación que case impide falar de calquera outra cousa, vémonos obrigados uns e outros a moer a mesma fariña no mesmo muíño unha vez e mais outra tamén. E a pisar de máis no campo da política dos partidos. O peor é que a incapacidade da política do noso país fai que non se afronten os problemas sociais dun xeito razonábel e iso arrastra aos intelectuais a tarefas que non lle deberan corresponder.

O exemplo máis claro foi o do Prestige, foi a actuación do Goberno e da Xunta de entón a que creou unha situación límite para Galiza. E outra vez é esta nova Xunta custionando a política anterior da autonomía sobre a lingua quen crea un problema social novo que atinxe directamente ao nervo e a columna vertebral do noso país. É dramático para a Galiza, tamén o é para os intelectuais que todo país precisa. Non poden pasar a vida a falar da lingua, da identidade, aínda que a súa mesma actividade trate precisamente diso, o noso país precisa ter os debates sobre a sociedade, cultura, política que teñen os países que viven o noso tempo. A nova polémica que introduciu Feijóo é tremendamente reaccionaria precisamente porque nos fai retroceder, vólvenos a un pasado que xa estaba superado e detennos nel.

Estes políticos están a calcular electoralmente os custes e o gaño de usar a lingua como arma, que se a Xunta, que se a alcaldía coruñesa ... Porén necesitamos crer que tamén lles pesa un algo de responsabilidade social. Necesitamos crer que baixarán da burra do paletismo do barrio de Salamanca madrileño e que se reencontrarán cun país bastante máis sensato e que ten outras necesidades. Necesitamos crelo para que os intelectuais poidan retirarse dun papel de guerrilla e vangarda que non lles corresponde en situacións normais e ocupárense tamén doutros asuntos.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

Archivado En