Reportaje:Luces

Pendentes dun fío

Grupos de Europa, África y América, no certame de monicreques de Redondela

A décima edición do Festival de Títeres de Redondela xa está en marcha desque o pasado luns deron comezo as representacións para escolares. Desde mediados de semana, ademais, botou a andar a programación de sala no Auditorio Multiusos da vila, que discorrerá en paralelo ás funcións de rúa que espertan o interese do grande público durante a fin de semana. Arestora, os organizadores do evento, a Asociación Xente Titiriteira e o Concello de Redondela, engraxan motores para unha fin de semana que se prevé concorrida e que pretende encher o centro urbano redondelán de bonecos e de actores. Tamén de...

Regístrate gratis para seguir leyendo

Si tienes cuenta en EL PAÍS, puedes utilizarla para identificarte

A décima edición do Festival de Títeres de Redondela xa está en marcha desque o pasado luns deron comezo as representacións para escolares. Desde mediados de semana, ademais, botou a andar a programación de sala no Auditorio Multiusos da vila, que discorrerá en paralelo ás funcións de rúa que espertan o interese do grande público durante a fin de semana. Arestora, os organizadores do evento, a Asociación Xente Titiriteira e o Concello de Redondela, engraxan motores para unha fin de semana que se prevé concorrida e que pretende encher o centro urbano redondelán de bonecos e de actores. Tamén de público, e moito. Os 8.000 residentes no núcleo poboacional multiplícanse exponencialmente. Se o ano pasado os espectadores superaron os 25.000, nesta edición, os organizadores agardan contabilizar 30.000. "Este ano vai ser difícil contar á xente", recoñece Miguel Borines, actor e membro da Asociación Xente Titiriteira.

O cartel cita en Redondela una vintena de compañías chegadas de Benin, Brasil, Arxentina, Eslovenia, Francia, Italia e España que amosan un catálogo completo das posibilidades escénicas destas técnicas de manipulación de figuras nas que, de partida, hai mestura de artes plásticas e arte dramática. A diversidade é o factor predominante: de materiais, de artefactos mecánicos, de xeitos artesáns e, por suposto, de historias. Unha das presencias máis agardadas é a da compañía africana Dittoutt, de Benin, que fará súa a Praza da Alfóndiga o sábado e o domingo pola tarde. No espectáculo O circo africano, baseado nas marionetas de fíos, compoñen os bonecos con cabazas, espigas e tecidos e, contan, ademais, con música de percusión interpretada en directo, xa que o ritmo é imprescindíbel nas súas narracións. Neste caso, a fábula indaga nas orixes da danza, que, segundo a tradición africana, naceu a imitación dos movementos dos animais.

Facendo tamén funambulismo económico, a organización segue mantendo como máxima os prezos populares e a gratuidade da maioría das funcións de rúa. Borines cifra en 87.000 o orzamento "teórico" do certame, aínda pendente de que se resolvan as axudas do Ministerio de Cultura e de que a Xunta e a Deputación Provincial concedan as súas (18.000 e 1.500 euros, respectivamente). "Na profesión teatral e audiovisual estamos uns mirando a cara dos outros, e moita xente mesmo ten medo a quedar, eles e as súas familias, un ano en branco", asevera o actor, quen recorda con satisfación que nos dez anos de vida do festival nunca subiron os prezos. "Se somos faro para alumear o pouco que hai neste eido, temos que seguir sendo un festival moi popular".

A única función de pago na rúa será o circo de pulgas dos franceses Compagnie Petits Miracles, que estará instalado nunha barraca na Alameda durante toda a fin de semana. Por segunda vez a agrupación gala visita o festival, desta volta cun entretemento fantasioso co que realizan xiras por todo o mundo. "Les puces savantes é un traballo moi áxil que combina varias tradicións, como o burlesco", adianta Borines. "A este festival cómpre vir coas convencións en suspenso para entrar no xogo, é difícil non deixarse engaiolar pola ilusión desta fórmula teatral".

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
Suscríbete

Archivado En