INÉDITOS CON FIRMA | Luces

A emboscada

A vida inhabitábel, pura noite, no acubillo das tebras ou nos códigos secretos. Tres golpes na porta e esta desféchase, unha cella arqueada anula o seguinte encontro. As despedidas nunca son despedidas ou non acontecen no espazo que toda a vila cre, diante da casa á volta do traballo. A vida inhabitábel esixe a fuxida ou a revolta. Pero o tempo da revolta é anterior e finou dentro dos seus propios límites, correspondeulle a tres familiares varóns de Antonio, e a unha muller que se negou a revelar o seu paradoiro. El, que medrou ao abeiro dunha nai viúva, só acredita no tempo da fuxida, o sol e...

Suscríbete para seguir leyendo

Lee sin límites

A vida inhabitábel, pura noite, no acubillo das tebras ou nos códigos secretos. Tres golpes na porta e esta desféchase, unha cella arqueada anula o seguinte encontro. As despedidas nunca son despedidas ou non acontecen no espazo que toda a vila cre, diante da casa á volta do traballo. A vida inhabitábel esixe a fuxida ou a revolta. Pero o tempo da revolta é anterior e finou dentro dos seus propios límites, correspondeulle a tres familiares varóns de Antonio, e a unha muller que se negou a revelar o seu paradoiro. El, que medrou ao abeiro dunha nai viúva, só acredita no tempo da fuxida, o sol escintilando sobre o Atlántico, e pombais cheos de paxaros estraños nunha cidade do Sul.

O Couces pode conseguirlle os pasaportes. Pasaron demasiados anos, pero segue conservando os seus contactos nas altas esferas. Previo pago dunha importante cantidade Antonio conseguirá abrir as portas dunha nova vida. O transcorrer das cousas é complexo, irónico mesmo. O Couces gañou o alcume porque tiña a afección de patear con violencia aos condenados despois de dispararlles, para asegurarse de que estaban ben mortos. Iso pasou hai moito tempo, aínda que a vila tivo a boa idea de conservarlle o nome para non esquecelo e concederlle tamén unha leve aura de poder intemporal. Cando Antonio vai falar con el pode notar como esa aura escintila nos seus ollos, como dalgún xeito, o pasado segue a latir dende ela, dende o alcume ou se cadra dende a súa propia feitura, a dicir da nai, tan semellante ao do seu pai asasinado, e que non pode deixar indiferente ao vello. O tempo da fuxida esixe sacrificios deste tipo, pactos co demo que el sempre estivo disposto a asinar, e que se materializarán no encontro discreto que lle propón na entrada da mina. Vós levades os cartos e eu levo os pasaportes.

Nos días anteriores á cita, porén, Antonio dubida. Na novela de vaqueiros que está a ler un grupo de cuadrilleiros é emboscado na entrada dunha mina de ouro, e el comeza a pensar que se cadra o encontro co Couces garda algo máis. A concesión á nostalxia de matar ao fillo dun roxo e á súa parella. En cada noite que precede ao día da cita ten o mesmo pesadelo no que o Couces os agarda con varias persoas para asasinalos e guindalos no fondo dun dos pozos. O día antes, tras espertar berrando, pregúntalle á nai onde está a vella pistola do seu tío, e ela tras negarllo varias veces acaba por separar unha pedra da cociña e sacar a arma medio enferruxada. Acto seguido ensínalle a cargala. Antonio métea no peto, xunta os cartos e sae co comezo da noite.

Na entrada da mina, xusto ao caer a noite, o Couces parece nervioso. A conversa é tensa e curta. Antonio ensina os feixes de billetes mentres crava a ollada nel e aferra a pistola fortemente no peto. O Couces bota a mao ao pantalón, pero non saca a arma coa que el levaba tempo tendo pesadelos, senón dous pasaportes novos do trinque. Antonio mira para eles, pero non chega a ceibar a pistola da mao e entende por fin que os presentimentos sobre a emboscada eran certos. Agarra a pistola e dispáralle na cabeza. A aura volatilízase definitivamente. Os ollos azuis de Miguel lostregan sorpresa na escuridade.

O último libro de Mario Regueira é L'affiche rouge (2007), en Xerais.

Archivado En