Luces

Radio Galega reinventa o teatro radiofónico

Dende hai tres anos, Radio Galega vén realizando un esforzo para recuperar un xénero case perdido: o do teatro radiofónico. A canle pública creou en 2007 o premio Diario Cultural, no seo do programa do mesmo nome, para estimular a produción neste ámbito. O certame pretende facer da radio un soporte para a creación artística, cambiando a concepción deste xénero. "Non se trata de volver ás antigas radionovelas, senón de emitir representacións teatrais de calidade", explica Ana Romaní, directora do programa e membro do xurado. "Buscamos crear obras para a radio, non adaptar outros textos, e isto ...

Suscríbete para seguir leyendo

Lee sin límites

Dende hai tres anos, Radio Galega vén realizando un esforzo para recuperar un xénero case perdido: o do teatro radiofónico. A canle pública creou en 2007 o premio Diario Cultural, no seo do programa do mesmo nome, para estimular a produción neste ámbito. O certame pretende facer da radio un soporte para a creación artística, cambiando a concepción deste xénero. "Non se trata de volver ás antigas radionovelas, senón de emitir representacións teatrais de calidade", explica Ana Romaní, directora do programa e membro do xurado. "Buscamos crear obras para a radio, non adaptar outros textos, e isto require utilizar un código específico", sinala. Os sons, a recreación de ambientes e as voces dos actores forman parte dun universo particular do que se deu en coñecer como "teatro do aire".

O mércores pasado celebrouse a terceira edición do certame, na que resultou gañadora a obra Peter Buckley, de Rubén Ruibal e César Candelas. A peza baséase na biografía do boxeador británico Peter Buckley, que sumou na súa carreira 256 derrotas e só 31 victorias. Foi a primeira experiencia neste ámbito de Ruibal, que obtivo o Premio Nacional de Teatro en 2007. Pero para el non supuxo unha dificultade engadida: "Pensamos que é máis complicado crear para radio pola escravitude da imaxe que existe na nosa sociedade, pero para min non é diferente a outros xéneros". Engade que o esforzo imaxinativo por parte da audiencia "é moito máis rico que cando hai imaxes".

Un xénero esquecido

En Galicia, igual que no resto de España, o teatro nas ondas converteuse nun fenómeno social durante os anos 60 e 70. Especialmente a radionovela, emitida en capítulos seriados. Aínda que nunca chegou a consolidarse unha produción propia, series nacionais como Ama Rosa ou Historias para no dormir seguíronse a diario en milleiros de fogares. Na década dos setenta producíronse varios intentos para crear radioteatro galego, da man dos dramaturgos Manolo Lourenzo e Lino Braxe, pero nunca chegaron a callar. Hoxe non queda apenas nada de todo aquilo. En Galicia só a radio pública adica un espazo ó teatro. Pero semella que os esforzos da Galega están a conseguir unha certa recuperación, a xulgar polas palabras de Ana Romaní: "Estamos moi satisfeitos coa acollida que están tendo as obras entre a audiencia; o público estase implicando na iniciativa".

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

Archivado En