Luces

Marta Harnecker, na Semana Galega de Filosofía

O espazo de pensamento que a Aula Castelao de Filosofía reserva en Pontevedra cada primavera desde hai vinte e seis anos será, entre os vindeiros 13 e 17 de abril, un convite a reflexionar sobre a educación. As modificacións curriculares recentemente introducidas polo Goberno do Estado e a adaptación do modelo universitario español ao Espazo Europeo de Educación Superior traen á actualidade o debate educativo desde postulados filosóficos, "un asunto importante, urxente e necesario", segundo o presidente da Aula, Carlos Calviño. "Cómpre falarmos de cal é o sentido de educar, cales son as metas ...

Suscríbete para seguir leyendo

Lee sin límites

O espazo de pensamento que a Aula Castelao de Filosofía reserva en Pontevedra cada primavera desde hai vinte e seis anos será, entre os vindeiros 13 e 17 de abril, un convite a reflexionar sobre a educación. As modificacións curriculares recentemente introducidas polo Goberno do Estado e a adaptación do modelo universitario español ao Espazo Europeo de Educación Superior traen á actualidade o debate educativo desde postulados filosóficos, "un asunto importante, urxente e necesario", segundo o presidente da Aula, Carlos Calviño. "Cómpre falarmos de cal é o sentido de educar, cales son as metas da aprendizaxe e de como se deciden as ideas e os valores que se están a transmitir ás novas xeracións", apunta o novo responsábel do colectivo.

Se o Plan Bolonia e a materia de Educación para a Cidadanía entran por vez primeira neste foro e con perspectivas informativas, a cuestión lingüística regresa á Semana Galega de Filosofía pola súa condición de asunto "prioritario" nos principios programáticos da Aula. A Aula posiciónase a favor da evolución da introdución da lingua galega no sistema educativo a todos os niveis: "Son os especialistas, e non os pais, os que deben decidir o ensino, de igual xeito que aprender a dividir non é de libre elección".

A lingua na escola

"A pesar de que na lexislatura pasada se produciron tímidos avances, a presenza da lingua galega no ensino non está resolta e non podemos permitir nin un paso atrás", indica Eduardo García, membro do grupo, quen considera que a confrontación lingüística a favor do castelán é "un debate alimentado por grupos de presión organizados como nunca antes se dera na democracia e, ademais, é artificial, porque o galego non está en situación de igualdade perante o castelán".

Como é habitual, as ponencias distribuiranse en tres bloques temáticos. Os de carácter máis teórico, que analizan o feito educativo desde as principais correntes do pensamento europeo, estarán defendidos por profesores como Carlos García Gual, Marina Subirats e Pedro García Olivo. Verbo das perspectivas educativas en Galicia intervirán Goretti Sanmartín, Marcial Gondar e Domingos García Fernandes, mentres que Manuel Delgado e Montserrat Galcerán tomarán a palabra no ciclo Olladas á educación. A socióloga chilena Marta Harnecker pronunciará a lección de clausura.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

Archivado En