Reportaje:Luces

O ballet embruxado

O catalán Cisco Aznar actualiza o clásico romántico 'Giselle', 168 anos despois, en clave galega

É como cousa de encantamento, iso de ir polo aire e vir polo vento, como canta Luar na Lubre: o simbolo por excelencia do ballet romántico, Giselle, reaparecerá na Coruña, 168 anos despois da súa estrea na Ópera de París, reinventada en clave galega e contemporánea. Giseliña, a terceira produción do Centro Coreográfico Galego, creado en 2006, só conservará o romanticismo "a tope" da peza orixinal, di o seu feiticeiro, o catalán Cisco Aznar.

Non se trata da nova versión dunha obra mil veces reinterpretada a través de todo mundo. Haberá tamén, como en Giselle, ...

Suscríbete para seguir leyendo

Lee sin límites

É como cousa de encantamento, iso de ir polo aire e vir polo vento, como canta Luar na Lubre: o simbolo por excelencia do ballet romántico, Giselle, reaparecerá na Coruña, 168 anos despois da súa estrea na Ópera de París, reinventada en clave galega e contemporánea. Giseliña, a terceira produción do Centro Coreográfico Galego, creado en 2006, só conservará o romanticismo "a tope" da peza orixinal, di o seu feiticeiro, o catalán Cisco Aznar.

Non se trata da nova versión dunha obra mil veces reinterpretada a través de todo mundo. Haberá tamén, como en Giselle, amores imposibles, figuras sobrenaturais, lendas e paixóns mortais. Pero todo o demais, coreografía, música, historia e argumentos, luces e sons, foi reinventado e galeguizado nunha montaxe que, logo da súa presentación o 7 de marzo no Teatro coruñés Rosalía de Castro, iniciará unha xira internacional de cinco meses. Despois de Galicia e España, Giseliña desembarcará en países como Marrocos e Xordania.

"Foi 'Giselle' quen me rumoreou 'Giseliña", afirma o seu director
Aspira a fundir danza, bruxaría ao xeito popular, maxia e ideais románticos

Onde había willis, esas noivas mortas virxes en véspera de casar que se vingaban, de noite, facendo bailar até a morte aos homes imprudentes, xurdirán agora as meigas e a lendaria Santa Compaña. A protagonista, Giseliña, morrerá no escenario por un amor imposible, pero dun xeito máis moderno ca súa devanceira: unha enchenta de tapas e tabaco antes de suicidarse, botándose ao mar. Unha chiscadela irónica e crítica do coreógrafo á obsesión até a tolemia das bailarinas profesionais por manter un físico "tan ideal como irreal".

É como se Cisco Aznar, afincado en Suíza onde desenvolve unha exitosa carreira coa compañía Buissonière, aproveitara o encargo do Centro Coreográfico Galego para, coa súa creativa Giseliña, botarlle un conxuro ao ballet de xorne máis clásico. "Teño con el unha relación de amor-odio, porque a min gústame a danza contemporánea pero me atrapou o ballet ao meu pesar", explica desde Xixón onde todo o equipo desta nova produción estará a ensaiar ata o día da estrea na Coruña.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

"Foi Giselle quen me rumoreou Giseliña", afirma o coreógrafo, encantado de como está a quedar, malia á premura do tempo, a súa primeira creación en territorio español. Apenas contou con tres meses para crear e montar este imaxinativo espectáculo de danza. "Foi un proceso moi libre, sen rixidez algunha, con pautas contemporáneas que dan pé á improvisación e á creación", explica Cisco Aznar.

Son 12 bailarines de varias nacionalidades, elixidos nunha audición internacional celebrada na cidade da Coruña. O director de Giseliña destaca o "marabilloso entendemento" do equipo "pese a non coñecernos".

A música, unha composición orixinal de Pablo Palacio que nada conserva dos sons do século XIX no que transcorría a obra orixinaria, incorpora ritmos próximos ao folclore galego, un tango en portugués e ata un bolero brasileiro. Aínda que a vestimenta dos bailaríns será sombriza, sen cores para non perturbar a onmipresencia do blanco e negro escénico, haberá una escenografía esteticamente potente, con xogos de luces e proxeccións que recrearán unha lúa chea ou, segundo os casos, unha coroa para os mortos.

E tamén un cemiterio con fado romántico de natureza morta, onde as luces enfocarán os corpos dos bailaríns e os contornos das tumbas. Todo sempre con carácter moi tipicamente galego. "Mesmo haberá un cruceiro en escena", engade entre risos o director de Giseliña Cisco Aznar, un confeso devoto "de todo o que teña que ver co sobrenatural", quen atopou en Galicia unha potente fonte de inspiración para as súas aspiracións de fundir danza, bruxaría ao xeito popular, maxia e ideais clasicamente románticos.

Archivado En