NOTAS A RODAPÉ | Luces

Máis política, menos lingüística

Apagado o remol da manifestación convocada por Galicia Bilingüe, é hora de botar contas de como foi a pasada lexislatura en materia de lingua. Os primeiros que terán que facer balance serán os promotores da campaña contra o galego que culminou na tal manifestación. Póñanse como se poñan, eles e os seus patrocinadores políticos, mediáticos e financeiros estarán a estas horas remoendo o fracaso.

Para algúns medios que viven dese conto, seguro que a guerra continuará, pero Feijóo xa debeu chegar á conclusión de que embarcarse naquela aventura non foi unha gran idea, e no futuro buscará a m...

Suscríbete para seguir leyendo

Lee sin límites

Apagado o remol da manifestación convocada por Galicia Bilingüe, é hora de botar contas de como foi a pasada lexislatura en materia de lingua. Os primeiros que terán que facer balance serán os promotores da campaña contra o galego que culminou na tal manifestación. Póñanse como se poñan, eles e os seus patrocinadores políticos, mediáticos e financeiros estarán a estas horas remoendo o fracaso.

Para algúns medios que viven dese conto, seguro que a guerra continuará, pero Feijóo xa debeu chegar á conclusión de que embarcarse naquela aventura non foi unha gran idea, e no futuro buscará a maneira de zafarse. Se perde as eleccións con dignidade, como parece máis probable, terá argumentos para deixar esmorecer un asunto tan daniño para o país como pouco beneficioso para o seu partido. Se as gaña por un pelo (cousa improbable pero non descartable), fará algún aceno simbólico e deixará as cousas máis ou menos como estaban, que foi, chisco para arriba chisco para abaixo -recoñezámolo- como as deixou don Manuel Fraga. En calquera das dúas hipóteses, terá que mandar á porra á señora Corina, a risco de que sexa esta quen o mande á porra a el.

Política Lingüística debe ter, no goberno despois do 1-M, máis pulo político

Proba contundente que pon de vulto o escaso calado social da batalla contra o galego déunola a enquisa do CIS publicada a semana pasada (datos.cis.es/pdf/Es2783mar_A.pdf). Na lista de problemas que preocupan á cidadanía, o galego (que aparece ao lado do terrorismo, o paro e a crise económica!!). Aínda máis importante, entre as áreas de acción da Xunta, é a referida á promoción do galego a que máis aprobación pública concita e a que menos rexeitamento suscita.

Na nosa opinión, o aprobado recíbeo o conxunto do goberno galego, e esa nota positiva reflicte unha novidade importante da pasada lexislatura: a promoción da lingua deixou de ser unha política sectorial, concentrada no ensino, e converteuse nunha política transversal, que involucrou distintos departamentos (desde Administración Local ata Comercio e Industria), e nomeadamente a Vicepresidencia (Galescolas, Voluntariado), e, claro está, a Consellaría de Educación. Ese é precisamente o camiño: os nosos líderes políticos e gobernantes teñen que asumir que a cuestión do galego é basicamente política, e só nunha pequena parte lingüística. E sobre todo, quen máis ten que aprendelo e a propia Secretaría Xeral do ramo.

Foi mágoa que o balbordo da manifestación e o inicio da campaña electoral fixesen que pasase case de incógnito un relatorio presentado a semana pasada nos XI Encontros pola Normalización Lingüística, organizados polo Consello da Cultura

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

(www.culturagalega.org/imaxes/docs/doc_14062.pdf)

No balance que se presenta aí móstranse as eivas máis graves da acción da Xunta neste terreo, que en boa parte deben imputarse á dita Secretaría Xeral. Certamente, mellorou moito a xestión, grazas a un equipo profesional competente e preparado, pero careceu de todo impulso político, e, evidenciando unha radical incapacidade para o diálogo, non se preocupou de suscitar os imprescindibles apoios e complicidades dos distintos colectivos e institucións. Unha das promesas incumpridas, presentada incluso polo Presidente no Parlamento, foi a da creación dun Consorcio pola Normalización Lingüística que debe articular os esforzos que se realizan desde as distintas administracións, e ofrecer un marco integral de traballo, espallado polo territorio galego.

A Secretaría Xeral de Política Lingüística do goberno que naza despois das eleccións debe inescusablemente recoller esta proposta, pero sobre todo ten que ser capaz de dotar dun impulso político á area, e apoiarse para iso nun maior diálogo social, político e institucional. Sexa a súa cabeza unha persoa de perfil técnico, sexa de perfil político (o que non pode ser e nin unha cousa nin outra), terá que agochar menos a cabeza debaixo da plumaxe do erario público, e facer máis política e menos lingüística. Se non, saímos dun souto para meternos noutro.

Archivado En