BOTELLA AO MAR | Luces

Novelas e contos

- MADRID, a xente nas cidades grandes ten que endurecerse, porque é máis vulnerábel. Aínda así é vulnerábel.

- BARCELONA ás veces é fermosa demais. E un entón dubida, e será real?

- AS CIDADES PRECISAN DA NOVELA para entenderse e explicarse a si mesmas. Mais o conto e a lenda, a suxestión e a brétema están na aldea. O mito anda ceibo e cheira ao bravú da montaña; outras veces cheira aos líquidos máis profundos que haxa no fondo da nosa mente.

- ÁS VECES, A HOSTELARÍA ten unha elegancia e precisión incomparábeis. Eis ese barman a aquelar nun cóctel, os pasos contados, as me...

Suscríbete para seguir leyendo

Lee sin límites

- MADRID, a xente nas cidades grandes ten que endurecerse, porque é máis vulnerábel. Aínda así é vulnerábel.

- BARCELONA ás veces é fermosa demais. E un entón dubida, e será real?

- AS CIDADES PRECISAN DA NOVELA para entenderse e explicarse a si mesmas. Mais o conto e a lenda, a suxestión e a brétema están na aldea. O mito anda ceibo e cheira ao bravú da montaña; outras veces cheira aos líquidos máis profundos que haxa no fondo da nosa mente.

- ÁS VECES, A HOSTELARÍA ten unha elegancia e precisión incomparábeis. Eis ese barman a aquelar nun cóctel, os pasos contados, as medidas xustas, os movementos dos pulsos a mexer na mestura.

E o sentimento de orgullo que ten polo seu oficio. A coctelaría debe ser na hostelaría como a música de cámara para a música.

- VIN CAER UNHA FOLLA. A árbore seguía alí.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

- VIVIR TEN CONSECUENCIAS: Aínda que un quixese pasar desapercibido e que nin o mundo nin os demais reparasen nun, vivir ten sempre consecuencias.

- SMS: "Tnt scrbr comndo ltrs ist xa vai parcr ingls"

- A LITERATURA escríbese na penumbra.

- O BANDO DE AVES que sempre procura construír un triángulo para desprazarse. Esa dura consigna nas especies gregarias a seguir un liderazgo. Somos especie gregaria.

- AS MAZÁS AÍ NA ÁRBORE en decembro. Mazás coloradas e deixadas quedar aí nas pólas, ese abandono da horta. E non hai a quen llas dar? E xa non comen mazás logo nesa casa? O máis seguro é que si, probabelmente prefiren mercalas no camión da froita ou no hipermercado.

- SOMOS ESES, ESA XENTE que vive alporizada querendo non sermos quen somos, deixando quedar o sentido en suspenso. Como as mazás suspendidas na árbore, a piques de apodreceren.

- O ÚLTIMO PRESO DA RAF alemá (Fracción do Exército Vermello). Quen lembra xa a Andreas Baader e Ulrike Meinhof? As Brigadas Vermellas italianas, o FRAP e o GRAPO..., aquela perturbación que traía á sociedade a incómoda lembranza de que o estado normal das cousas é a guerra, e non a paz.

(ETA é outra cousa. Non sabemos exactamente que cousa. Narcisismo, desde logo).

- O SECUESTRO DE MENIÑOS POLOS FRANQUISTAS que documenta o auto do xuíz Garzón. Eran certos os contos de medo, caía a noite, viña o monstro e levaba o meniño, a meniña. Había monstros, hai monstros.

Archivado En