Reportaje:Luces

Milladoiro mira cara a Portugal

'A Quinta das Lágrimas', o seu novo disco, rescata a figura de Inés de Castro

A xénese foi unha proposta de Xoán Vázquez Mao, secretario xeral do Eixo Atlántico. "Apetecíalles que Milladoiro tratase a relación entre Galicia e Portugal", conta o percusionista do grupo, Moncho García. Ao final, tras 52 concertos de presentación d'Unha estrela por guía, o primeiro disco enteiramente vocal de Milladoiro, con textos de Manuel María, o estímulo foi a nobre limiá -ou monfortina- Inés de Castro (1325-1355).

A Quinta das Lágrimas, presentado o pasado martes -Día Internacional contra a Violencia Machista- no Teatro Colón da Coruña, recupera a historia da gale...

Suscríbete para seguir leyendo

Lee sin límites

A xénese foi unha proposta de Xoán Vázquez Mao, secretario xeral do Eixo Atlántico. "Apetecíalles que Milladoiro tratase a relación entre Galicia e Portugal", conta o percusionista do grupo, Moncho García. Ao final, tras 52 concertos de presentación d'Unha estrela por guía, o primeiro disco enteiramente vocal de Milladoiro, con textos de Manuel María, o estímulo foi a nobre limiá -ou monfortina- Inés de Castro (1325-1355).

A Quinta das Lágrimas, presentado o pasado martes -Día Internacional contra a Violencia Machista- no Teatro Colón da Coruña, recupera a historia da galega que reinou en Portugal, aínda que fose despois de morta. "Daquela violencia de xénero non había", di García, "pero está claro que ela foi vítima". A limiá -ou monfortina- Inés viviu o amor prohibido co infante Don Pedro sendo dama de compañía da súa prima Constanza, que viaxaba a Portugal para casar con el. Matárona tres mercenarios pagados polo rei Alfonso IV, pai de Pedro. Na Quinta das Lágrimas, a dez minutos do centro de Coímbra.

"Se non chaman nin pagan, é que non tes importancia"

A historia, recollida por Camões n'Os Lusiadas, inspiradora de filmes, óperas e novelas románticas de agora mesmo, sérvelle musicalmente a Milladoiro para mirar cara Portugal. Tamén -Portugal- como amor difícil. "Foi un exame para introducirnos nun territorio moi cercano e circunstancialmente afastado", resume Moncho García. "Non quixemos darlle rigor historiográfico, pero desde aí discurrimos". O novo disco conceptual de Milladoiro, coas voces da fadista portuguesa Mafalda Arnaud e da xa habitual Laura Amado, inclúe o Inês de Camões e dúas cantigas de Alfonso X, "de cando aínda tiñamos reino". En formato clásico, tamén cancións máis arrimadas ao repertorio presente, desde o tradicional Galope de guistola aos temas das ditaduras compartidas. Está o Venham mais cinco de Zeca Afonso e unha versión de Quen puidera namorala, ata chegar "ao presente atlántico", a través dunha revisión do Mar portugués de Pessoa e o Sos de Manuel Antonio. O tronco común da música tradicional galego-portuguesa, secuenciado nos traballos de Vasconcellos ou Lopes Graça, en Portugal, e Bouza Brey en Galicia, foise renovando por medio das colaboracións -de Uxía á Brigada Victor Jara-, pero a relación segue sendo difícil. Como tal, di García, "dá para un debate doutra caste".

No debate da internacionalización, o percusionista de Milladoiro, marca de seu, tamén pide un "debate serio". "Se non chaman nin pagan é que non tes importancia", resume. "E non sei se iso de chamarlle industria cultural estará sobredimensionando a historia, cando todo se basa no diñeiro público". Vinte e tres discos despois d'A Galicia de Maeloc (1979), compilatorios incluídos, e logo de pasaren por Ruada, Sony, Ariola ou Discmedi, A Quinta das Lágrimas será editado e distribuído polo selo galego PAI Música. "Para pechar o círculo", di Moncho García.

A formación actual de Milladoiro, que conserva a Pepe Ferreirós, Nando Casal, Xosé A. Méndez, Antón Seoane e García, presentará A Quinta das Lágrimas en Vigo o 17 de decembro, no Centro Cultural Caixanova.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

Archivado En