PSICOFONÍAS | Luces

Pensar Galicia, pensar o mundo

Dous feitos dos últimos días motivan a miña reflexión de hoxe: a concesión do Premio Nacional de Ensaio ao profesor Justo Beramendi por De provincia a nación (cousas da vida, un premio nacional de España para un nacionalista galego escribindo de nacionalismo) e unhas declaracións do vicepresidente Anxo Quintana a este diario nas que manifestaba que "sen benestar, o nacionalismo non ten sentido".

O premio a Beramendi subliña, por brillante e por contraste, a carencia nos últimos tempos de aportacións teóricas sobre Galicia e a súa condición nacional. A aguda apreciación de Quintan...

Suscríbete para seguir leyendo

Lee sin límites

Dous feitos dos últimos días motivan a miña reflexión de hoxe: a concesión do Premio Nacional de Ensaio ao profesor Justo Beramendi por De provincia a nación (cousas da vida, un premio nacional de España para un nacionalista galego escribindo de nacionalismo) e unhas declaracións do vicepresidente Anxo Quintana a este diario nas que manifestaba que "sen benestar, o nacionalismo non ten sentido".

O premio a Beramendi subliña, por brillante e por contraste, a carencia nos últimos tempos de aportacións teóricas sobre Galicia e a súa condición nacional. A aguda apreciación de Quintana constata como só a intuición do galeguismo de acción substitúe imaxinativamente esa carencia. Quintana resulta tan contundente como sinxelo, o que vén expresar é que o nacionalismo non é un fin en si mesmo, só serve se mellora as condicións de vida da cidadanía. Supera así habilmente carencias teóricas e anos confusos de elucubracións sobre o nacionalismo de clase ou ambigüidades como aquilo da "liberación nacional e social de Galicia".

Con todo, o pragmatismo e inmediatez da política non deben impedirnos enxergar a necesidade de que rexurdan entre nós as aportacións xenuínas a unha teoría política propia. O xornalismo literario e político malamente poden cubrir ese baleiro e moito menos nun contexto histórico no que a arrogancia dos políticos profesionais os leva, nin máis nin menos, a proclamar que na reunión do G-8 e o G-20 do 15 de novembro van refundar o capitalismo, grandioso obxectivo para os fontaneiros dun sistema que, amais de inxusto, vénse de revelar como unha chapuza ineficiente.

Que non nos secuestren na distancia e na globalización simplista a nosa capacidade crítica e intelectual, porque pensar Galicia como nación nun horizonte de diversidade e de igualdade desexables é pensar o mundo. Pensar na expresión política que mellor cumpra ao noso autogoberno non é independente do que pensemos da democracia, da solidariedade e da economía planetarias. Pensemos Galicia, pensemos o mundo.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

Archivado En