BOTELLA AO MAR | Luces

Matemáticos sublimes

- CATEDRÁTICO DE MATEMÁTICAS SUBLIMES, ese era un título académico de Domingo Fontán que levanta o gran mapa do Reino de Galiza no ano 1817.

- ORIÓN, A POLAR, O SOL, A BERENGUELA: Para comezar as súas medicións: "Achei a lonxitude da Torre do Reloxo da catedral por máis de 144 observacións da Polar e por outras 200 de Orión e por alturas meridianas do Sol".

- AS CIENCIAS NON NEGAN A MAXIA E A FÍSICA ACABA NA METAFÍSICA, a materia na antimateria.

- A ECONOMÍA non era unha ciencia. Vai ser que os economistas tamén eran de letras. Todo era imaxinación, argumento, liter...

Suscríbete para seguir leyendo

Lee sin límites

- CATEDRÁTICO DE MATEMÁTICAS SUBLIMES, ese era un título académico de Domingo Fontán que levanta o gran mapa do Reino de Galiza no ano 1817.

- ORIÓN, A POLAR, O SOL, A BERENGUELA: Para comezar as súas medicións: "Achei a lonxitude da Torre do Reloxo da catedral por máis de 144 observacións da Polar e por outras 200 de Orión e por alturas meridianas do Sol".

- AS CIENCIAS NON NEGAN A MAXIA E A FÍSICA ACABA NA METAFÍSICA, a materia na antimateria.

- A ECONOMÍA non era unha ciencia. Vai ser que os economistas tamén eran de letras. Todo era imaxinación, argumento, literatura. Explicacións a posteriori, iso é a narración.

- A CRISE NON É ECONÓMICA, POIDA QUE SEXA PSICOLÓXICA. O que se precisan non son economistas, son psicólogos e psiquiatras. A orixe dos problemas é que o diñeiro ten medo, a xente, ansiedade, e todos imaxinamos un futuro cheo de problemas.

O mundo da economía precisa pastillas.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

- OU BEN CURAS QUE CUREN, pois pode interpretarse como crise espiritual.

A ver se vai ser que existe unha alma da economía. E tamén pecados económicos.

Se cadra esa pandilla de ladróns que roubaron en Wall Street o que queren é unha boa confesión, arrepentimento, propósito da enmenda e facer a penitencia.

- OU UN XUÍZ QUE OS META PRESOS. A ver, que xa está ben de abusar da xente.

- TAMÉN PODE QUE SE TRATE DE LITERATURA: un relato de misterio con delincuentes, suspense, intrigas, mentiras e fantasmas.

- PENSABAMOS que desaparecera máxicamente e para sempre das nosas vidas o que chamamos "a necesidade": as privacións, a pobreza... Os nosos pais traballaron duro, nós traballamos e os nosos fillos xa non terían que traballar. E agora vemos que o futuro non estaba escrito, que hai incerteza, iso provócanos angustia. Nunca se sabe.

- SE COMÉSEMOS CANS... Non hai un porco que ande ceibo por aí sen dono. No Viet Nam, que comen cans, non hai canceira municipal. (Va que son cruel).

- CRUEL É VIVIR. Se non hai crueldade tampouco non hai vida. Por iso vemos adoecer e caer aos nosos amigos (vémolos porque nós aínda estamos en pé, sobrevivímolos. Polo de agora). Como dirixirse un escritor a un escritor que morreu para falarlle? "Irmán" (Dicirllo a Anxo Rei Ballesteros baixo Orión, a Polar, o Sol, a Berenguela).

Archivado En