PSICOFONÍAS

Memoria da emigración

Exilio económico é sinónimo de emigración. Xa só, por acaerlle a calificación de exilio, a memoria da emigración merece que institucional e socialmente sexa recuperada. Agora que xa logramos que a memoria histórica referida á represión derivada do golpe de Estado de 1936 sexa recoñecida oficialmente, deberiamos afrontar tamén o fenómeno da emigración como parte ineludible da nosa historia individual e colectiva.

Cómpre recuperar a memoria de todo aquilo que é consecuencia negativa dunha desigualdade. A represión tralo estourido da guerra en 1936 e dos anos seguintes foino da desigualdad...

Suscríbete para seguir leyendo

Lee sin límites

Exilio económico é sinónimo de emigración. Xa só, por acaerlle a calificación de exilio, a memoria da emigración merece que institucional e socialmente sexa recuperada. Agora que xa logramos que a memoria histórica referida á represión derivada do golpe de Estado de 1936 sexa recoñecida oficialmente, deberiamos afrontar tamén o fenómeno da emigración como parte ineludible da nosa historia individual e colectiva.

Cómpre recuperar a memoria de todo aquilo que é consecuencia negativa dunha desigualdade. A represión tralo estourido da guerra en 1936 e dos anos seguintes foino da desigualdade política, e con esta terapia colectiva estamos reconstituíndo ante nós mesmos e os demais a Galicia real daquel momento, unha Galicia que era moderna, plural e comprometida.

A emigración de todas as épocas é consecuencia da desigualdade económica e a nosa historia estará incompleta ata que non a interpretemos en toda a súa complexidade e contradicións. Hai épica e miseria no éxodo galego, e máis alá de concebila como unha aventura ou unha renuncia, deberiamos restaurala en clave de diversidade cultural. Hai emigrantes triunfantes que nunca voltaron, hainos desclasados, hainos que regresaron e foron filántropos, hainos que simplemente refixeron as súas vidas sinxelas no exterior, hainos que marcharon e voltaron sen máis e hainos especialmente perdedores: os que emigraron dúas veces e non progresaron.

Os emigrantes non son unha ensalada de votos confusos, son parte da nosa historia e agora que os fluxos migratorios cambian de dirección, deberiamos comprender a nosa emigración con claridade para sermos solidarios co futuro.

Na inevitable Cidade da Cultura, a arte contemporánea e os espectáculos fornecerán gran parte dos seus contidos. Se cadra, non estaría de máis gardar espazo para reflexionar sobre eses milleiros de galegos e galegas que andaron polo mundo. Falase moito de poñer Galicia no mapa, pero os cidadáns de Galicia xa andaron por todos os mapas. Cómpre lembralos sen folclorismos e sen retórica.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

Archivado En