Luces

A escrita, rexistro da historia

A novelista en castelán Susana Fortes (Pontevedra, 1959) propón esta mañá unha reflexión a partir da súa última obra, Quattrocento. So o título de Las cenizas de Alejandría, Fortes traza as ataduras que existen entre a súa faceta de historiadora e a de escritora. "Malia a que a miña formación inicial é a de historiadora, axiña pasei con armas e bagaxes ao inimigo", asegura. A novelista refírese asemade ás "fronteiras entre a historia e a ficción, os cruces, os empréstimos e intercambios entre unha e outra". Susana Fortes, que se recoñece unicamente como "escritora de novelas", ex...

Suscríbete para seguir leyendo

Lee sin límites

A novelista en castelán Susana Fortes (Pontevedra, 1959) propón esta mañá unha reflexión a partir da súa última obra, Quattrocento. So o título de Las cenizas de Alejandría, Fortes traza as ataduras que existen entre a súa faceta de historiadora e a de escritora. "Malia a que a miña formación inicial é a de historiadora, axiña pasei con armas e bagaxes ao inimigo", asegura. A novelista refírese asemade ás "fronteiras entre a historia e a ficción, os cruces, os empréstimos e intercambios entre unha e outra". Susana Fortes, que se recoñece unicamente como "escritora de novelas", expón a intrahistoria de Quattrocento e define aos historiadores como "detectives no tempo". "Coido que o thriller constitúe o mellor fío condutor para organizar o material dunha novela histórica", asegura. Susana Fortes explicita a súa posición entre a historia e a literatura ao situar o seu "método de investigación histórica máis preto de Umberto Eco que de Vicens Vives".

A escritora pontevedresa lembra que "antiguamente se consideraba verdadeiros sabios a aqueles que eran quen de interpretar as cinzas da Biblioteca de Alexandría". E nese punto, o das cinzas, enlaza a poeta e profesora de Teoría da Literatura María do Cebreiro Rábade Villar, unha das dúas persoas que ofrecen resposta ao relatorio de Susana Fortes -o outro é o director da biblioteca Ánxel Casal de Santiago, Daniel Buján-. "Dende Benjamin a Zizek, a teoría crítica máis penetrante é a que sabe recoñecer que todos os procesos de destrución deixan unha pegada material desvelábel intelectualmente". "Non sei se a literatura debe situarse da banda da conservación", di, "historicamente, ás veces, situouse da banda da perda". Rábade Villar pregúntase se pode haber "unha defensa non conservadora do patrimonial" e respóndese que si, aínda que iso implique "peneiras críticas moi fortes".

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO