Reportaje:FOLK | Luces

Ortigueira celebra trinta anos de festa

O festival máis multitudinario de España celebra este ano o seu 30º aniversario entre o 10 e o 13 de xullo. Ata o momento descoñécese cales serán os grupos que integrarán o cartel, aínda que se espera a habitual combinación de bandas británicas, irlandesas, francesas e galegas. Máis alá da calidade dos grupos que finalmente cheguen a Ortigueira, a festa está asegurada nun festival que aspira a seguir sendo unha referencia en toda Europa.

Tampouco se coñecen cales serán as formación invitadas a outro dos grandes festivais de folk do noso país, o Intercéltico do Morrazo que terá lugar ent...

Suscríbete para seguir leyendo

Lee sin límites

O festival máis multitudinario de España celebra este ano o seu 30º aniversario entre o 10 e o 13 de xullo. Ata o momento descoñécese cales serán os grupos que integrarán o cartel, aínda que se espera a habitual combinación de bandas británicas, irlandesas, francesas e galegas. Máis alá da calidade dos grupos que finalmente cheguen a Ortigueira, a festa está asegurada nun festival que aspira a seguir sendo unha referencia en toda Europa.

Tampouco se coñecen cales serán as formación invitadas a outro dos grandes festivais de folk do noso país, o Intercéltico do Morrazo que terá lugar entre o 31 de xullo e o 3 de agosto en Moaña.

En Vigo si está confirmada a presenza da banda do cineasta balcánico Emir Kusturica, que formará parte do cartel do festival folk de Vigo e que actuará en Castrelos a mediados do mes de agosto. Neste mesmo evento tamén estará presenta a mítica banda bretona Gwendal, que anuncia amais a súa presenza na Festa da Fraga, na localidade coruñesa das Pontes, o vindeiro 24 de xullo.

Outra das citas imprescindibles para os seguidores da música folk é o festival de Pardiñas, que se celebra en Guitiriz o vindeiro 2 de agosto e que tamén está pendente de pechar o seu cartel.

Os concertos do ciclo Vai de Camiño, organizado polo Xacobeo, levarán por vilas de toda Galicia a grupos coma Fía na Roca (Palas de Rei, 13 de xullo), Marful (O Grove, 18 de xullo), Milladoiro (Pedrafita do Cebreiro, 2 de agosto) Xosé Manuel Budiño (Allariz, 8 de agosto) Luar na Lubre, Cristina Pato (30 de agosto, Pontedeume) e Brath (Betanzos, 13 de setembro).

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

Archivado En