Luces

Outros tres libriños d'O Moucho

Os libros do marisco e a caza e 'Os tesouros de Galicia'

Os libriños d'O Moucho regresan hoxe aos quioscos con O libro do marisco. Ao prezo dun euro con EL PAÍS, en coedición da Editorial Galaxia e patrocinio da Consellería de Cultura, o vindeiro luns, día 26, aparece Os tesouros de Galicia e o mércores, O libro da caza. A colección d'O Moucho foi posta en marcha polo editor e poeta Xosé María Álvarez Blázquez, a figura homenaxeada no pasado Día das Letras Galegas. A Editorial Castrelos foi o soporte d'O Moucho entre finais da década de 60 e comezos dos 80.

"O marisco é a comida que máis parciales [partidarios] ten", come...

Suscríbete para seguir leyendo

Lee sin límites

Os libriños d'O Moucho regresan hoxe aos quioscos con O libro do marisco. Ao prezo dun euro con EL PAÍS, en coedición da Editorial Galaxia e patrocinio da Consellería de Cultura, o vindeiro luns, día 26, aparece Os tesouros de Galicia e o mércores, O libro da caza. A colección d'O Moucho foi posta en marcha polo editor e poeta Xosé María Álvarez Blázquez, a figura homenaxeada no pasado Día das Letras Galegas. A Editorial Castrelos foi o soporte d'O Moucho entre finais da década de 60 e comezos dos 80.

"O marisco é a comida que máis parciales [partidarios] ten", comeza o limiar d'O libro do marisco, escrito polo propio Álvarez Blázquez, que se encarga tamén da "ordeación e as notas". O volume, editado por primeira vez en 1968, recolle adaxios e refráns referentes a moluscos e outros manxares mariños. "Ben quixeramos que o libro se imprimise con tinta do calamar", afirma a introdución.

Os tesouros de Galicia, asinado por Xosé María Álvarez Blázquez co pseudónimo de O Ciprianillo, xunta catro epígrafes humorísticos -Historia verdadeira acontecida no Reino de Galicia, Triángulo pra o desencanto dos tesouros, Relación dos tesouros e encantos e O Ciprianillo- argallado por Álvarez Blázquez e publicados por vez primeira en 1974.

O libriño do vindeiro mércores 28 títulase O libro da caza. Orixinal de 1969, o exemplar presenta "recádiva, limiar e notas" de Xosé María Álvarez Blázquez, etnólogo afeccionado amais de editor e poeta. Para O libro da caza, reuniu refráns, ditos, cantigas, lendas e contos relacionados coa cetraría. "A caza, xuntamente coa pesca, foi o primeiro oficio do home", escribe Álvarez Blázquez no proemio, "pola necesidá que tivo de se procurar a mantenza".

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

Archivado En