BOTELLA AO MAR | Luces

Experiencias,verdugos, compromisos

- HAI EXPERIENCIAS LÍMITE que é mellor non ter, polo ben dos demais e tamén polo de un propio. Como é o suxeitar a unha persoa atada, amordazada e axeonllada para que se estea quedo mentres outra persoa lle apunta cunha pistola para matala. Iso lle fixeron a moitas persoas, entre outras a aquel rapaz, Miguel Ángel Blanco, hai uns anos: dous tipos suxeitárono para que outro lle metese un tiro a queimarroupa.

- QUÉ SE SINTE en suxeitando a esa persoa que se revolve? E cando recibe o disparo? Hai dúas persoas que o saben, sentírono todo.

Non sabemos como lles afectou ese coñecemento...

Suscríbete para seguir leyendo

Lee sin límites

- HAI EXPERIENCIAS LÍMITE que é mellor non ter, polo ben dos demais e tamén polo de un propio. Como é o suxeitar a unha persoa atada, amordazada e axeonllada para que se estea quedo mentres outra persoa lle apunta cunha pistola para matala. Iso lle fixeron a moitas persoas, entre outras a aquel rapaz, Miguel Ángel Blanco, hai uns anos: dous tipos suxeitárono para que outro lle metese un tiro a queimarroupa.

- QUÉ SE SINTE en suxeitando a esa persoa que se revolve? E cando recibe o disparo? Hai dúas persoas que o saben, sentírono todo.

Non sabemos como lles afectou ese coñecemento tan radical. Cambiounos algo? Pouco? Tal que puideron ir correr a carreira pedestre do seu pobo o día despois como fixeron os que mataron aos dous traballadores ecuatorianos na T-4 de Madrid? Moito? Até o punto de perder o sono para sempre como a Lady Macbeth ou de modificarse o seu ADN de xeito que se teñen fillos nacerán insomnes? Non o sabemos.

- ISO É O QUE SABEN OS VERDUGOS, son saberes inconfesabeis. Nós únicamente sabemos que no seu pobo a un deles, a un deses machotes, lle dedicaron unha rúa como recoñecemento.

Nese e noutros pobos vascos están a facer agora o que se fixo antes en toda España, logo do triunfo dos xenerais nacionalistas sublevados con Franco: homenaxear aos verdugos.

Na Coruña, en Santander, en bastantes pobos de por Galiza e España aínda conservan ese vello costume de terlle rúas e prazas aos verdugos. As cousas malas que se aprenden son malas de desaprender.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

- CONSTATO QUE OS ESCRITORES, sobre todo os galegos, vense obrigados a lembrar unha e outra vez isto. Será porque ser escritor galego foi forzosamente ser escritor antifascista. E constato que hai que seguir sendo antifranquista trinta anos despois de morrer Franco (É cansado de moito carallo, dispensando).

- A NOSA LITERATURA É RARA en moitos sentidos, algúns deles ben malos: outros, eu que sei. É a literatura dun país no que cando se conta quen son os artistas hai que mentar siglas clandestinas, multas, detencións, compromisos, esforzos. Iso ten cousas boas e cousas malas, mais é o que hai.

- SOBRE O COMPROMISO DO ARTISTA: Ás veces un escoita, le sobre compromiso do artista, sobre a relación entre os artistas e a política, etc. Quen adoita escribir sobre estas cousas lémbranos os perigos para o artista de deixarse contaminar, sen dúbida que é un perigo certo, mais...Estou satisfeito de ser dun país así. Cadrou así e hainos ben peores

Archivado En