PSICOFONÍAS | Luces

A oratoria de Castelao

Alí, en Lira, na "terra da luz" - o brillante apelativo co que resolveu Cunqueiro a polémica de se a Costa da Morte comezaba nos mares de Lira e Carnota ou en Fisterra, onda o cemiterio novo- hai un peculiar conxunto escultórico e mural que honra a memoria de Castelao. O actor Miguel de Lira cóntame con paixón que todos lembran o discurso na vila que dera Castelao en 1936. Faloulles aos lirachos esgrimindo unha espiga como leit motiv da reforma agraria que o Partido Galeguista promovía no seu programa. "Habedes ter dúas colleitas de espigas ben grandes coma esta", imaxino que dir...

Suscríbete para seguir leyendo

Lee sin límites

Alí, en Lira, na "terra da luz" - o brillante apelativo co que resolveu Cunqueiro a polémica de se a Costa da Morte comezaba nos mares de Lira e Carnota ou en Fisterra, onda o cemiterio novo- hai un peculiar conxunto escultórico e mural que honra a memoria de Castelao. O actor Miguel de Lira cóntame con paixón que todos lembran o discurso na vila que dera Castelao en 1936. Faloulles aos lirachos esgrimindo unha espiga como leit motiv da reforma agraria que o Partido Galeguista promovía no seu programa. "Habedes ter dúas colleitas de espigas ben grandes coma esta", imaxino que diría vehementemente Daniel Castelao, e poucas recorrencias máis pop e claras podo pensar para un discurso político de mobilización do voto.

Pero non quedou aí a eficacia oratoria do de Rianxo. Ao longo do seu discurso, foi insertando o conto da machada: un fillo que un día e outro lle promete a un pai que vai cortar leña para conxurar o frío e volve sucesivamente co mango da machada escachado.

Logo continuaba o discurso e cando Castelao detectaba certo aborrecimento na súa audiencia, volvía outra vez con que outro día o fillo lle dixera o mesmo ao pai e volta máis unha vez co mango da machada crebado, e un día e outro e o discurso avanzaba ata que Castelao chegaba a conclusión desexada e o pai dicía algo así como: "Fillo, o que tes que facer non é volver facer o mango, senón cambiar de madeira". A partir de aí, do cambio de madeira, Castelao construía metaforicamente o cambio estrutural que lle cumpría a Galicia.

Non sei se o relato é produto da imaxinación do Miguel, seguindo un mito do lugar. Pero sexa verdade ou mito, o caso serve para acreditar a grande capacidade oratoria e de pedagoxia política de Castelao.

Cóntase algo semellante de Otero Pedrayo: fascinaba aos labregos con discursos que incluían citas en alemán. E agora, que hai pouco máis dun mes vimos de padecer unha campaña electoral, fanme botar de menos a cultura e a intelixencia política dos vellos galeguistas que gañaron a República.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

Archivado En