Luces

A escasa visibilidade dunha efeméride

Aqueles poetas que, durante as décadas dos 60 e 70 e no esteiro de Longa noite de pedra, a crítica deu en chamar socialrealistas foron quizais os últimos valedores destacados da obra de Curros Enríquez. Cando as teses manadas do ensaio de Méndez Ferrín De Pondal a Novoneyra reivindicaron a estatura poética de Eduardo Pondal, modernista e requintado, e triunfaron entre as promocións que facturaron poemas na década da consolidación autonómica, o sutaque civil de Curros ficou en segundo plano. Só Rosalía, da terna do Rexurdimento, sobreviviu ás vicisitudes do canon nos últimos 150 a...

Regístrate gratis para seguir leyendo

Si tienes cuenta en EL PAÍS, puedes utilizarla para identificarte

Aqueles poetas que, durante as décadas dos 60 e 70 e no esteiro de Longa noite de pedra, a crítica deu en chamar socialrealistas foron quizais os últimos valedores destacados da obra de Curros Enríquez. Cando as teses manadas do ensaio de Méndez Ferrín De Pondal a Novoneyra reivindicaron a estatura poética de Eduardo Pondal, modernista e requintado, e triunfaron entre as promocións que facturaron poemas na década da consolidación autonómica, o sutaque civil de Curros ficou en segundo plano. Só Rosalía, da terna do Rexurdimento, sobreviviu ás vicisitudes do canon nos últimos 150 anos. Esta perda de protagonismo estético pode axudar a enxergar a escasa visibilidade do 100º cabodano da morte en Cuba de Curros.

O cemiterio de San Amaro, na Coruña, abeira os restos do poeta de Aires da miña terra. Ese lugar foi o escollido polos membros do patronato da fundación para, acompañados dunha delegación veciñal, comezar esta mañá os actos do centenario, con ofrenda floral e gaiteiro. A Real Academia Galega acolle este mediodía unha lectura do poeta Luís G. Tosar canda o violinista Kamo Petrosyan e a presentación do premio Celanova, Casa dos Poetas. A expedición celanovesa remata cun recital perante a estatua dos xardíns de Méndez Núñez, no que participan alumnos dos centros Curros Enríquez de Celanova, da Coruña e de Pazos de Borbén, ademais do colexio Sagrado Corazón, tamén de Celanova. O Concello participa na organización dos eventos, que cofinancia a Consellaría de Cultura.

A face de xornalista

Da parte da Xunta, só a Secretaría Xeral de Comunicación preparou actos relacionados coa efeméride. O mosteiro de Celanova acolle, mañá a partir das 12, unha homenaxe so o epígrafe de Curros, periodista. As intervencións do historiador Marcos Valcárcel, do xornalista e profesor Xosé López, do académico Xosé Luís Axeitos, do titular do departamento Fernando Salgado e da escritora Rosa Aneiros analizarán as diferentes faces do xornalismo de Curros Enríquez, dende Ourense a La Habana pasando polas súas crónicas das guerras carlistas en El Imparcial. O profesor Xesús Alonso Montero, que transporta o estandarte do poeta civil dende a súa tese en 1966, pechará a xornada oral cunha conferencia sobre Poesía, xornalismo e compromiso. Luís Emilio Batallán cantará, na clausura, o Nouturnio.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
Suscríbete

Archivado En