Reportaje:Luces

Rosalía de Compostela

Publícanse os versos da escritora dedicados á súa cidade

A conmemoración durante esta semana do aniversario do nacemento de Rosalía de Castro foi aproveitada polo Consorcio de Santiago para presentar unha escolma que reúne por vez primeira os poemas de Rosalía nos que a súa cidade natal se convirte nun referente lírico e vital dentro da súa propia obra. Versos a Compostela, publicado en colaboración coa editoral Alvarellos e en edición bilingüe galego-castelán, pretende trasladar aos lectores a emoción que a cidade de Santiago exerce sobre Rosalía.

A forza intimista dos versos mistúrase neste caso con fotografías antigas nas que Compos...

Suscríbete para seguir leyendo

Lee sin límites

A conmemoración durante esta semana do aniversario do nacemento de Rosalía de Castro foi aproveitada polo Consorcio de Santiago para presentar unha escolma que reúne por vez primeira os poemas de Rosalía nos que a súa cidade natal se convirte nun referente lírico e vital dentro da súa propia obra. Versos a Compostela, publicado en colaboración coa editoral Alvarellos e en edición bilingüe galego-castelán, pretende trasladar aos lectores a emoción que a cidade de Santiago exerce sobre Rosalía.

A forza intimista dos versos mistúrase neste caso con fotografías antigas nas que Compostela aparece coma unha cidade sempre recoñecible pero con elementos xa desaparecidos, coma as árbores que podían verse na praza da Quintana ou a estatua que se levantaba no medio do Obradoiro. A nova publicación inclúe a recuperación dun retrato inédito de Rosalía: o busto realizado arredor de 1904 polo pintor José María Fenollera. O orixinal está perdido e unha copia foi exposta por vez primeira en 1985 no escaparate do fotógrafo Guitián, na compostelá Rúa do Vilar.

Todos os textos escolmados pertencen a Follas Novas (1880), agás o poema longo de Santa Escolástica de En las orillas del Sar, no que Rosalía ofrece un percorrido lírico pola xeografía pétrea de Compostela.

A escolma, realizada pola escritora Helena Villar Janeiro, estrutúrase en dúas partes. A primeira, Igrexas e campanas, recolle uns poemas que teñen a Santiago coma referencia directa, mentres que a segunda, Compostela río arriba, poñen á cidade coma contraste fronte a paisaxes rurais máis deprimidas.

O lector de Versos de Compostela atopará unha escolma que logra agrupar as composicións poéticas que, de xeito claro e con referencias toponímicas, amosan os ámbitos que en Santiago e os seus arredores forman parte do itinerario vital de Rosalía.

No limiar do libro, o escritor Xesús Rabade Paredes explica que a xeografía lírica de Santiago é expresamente mencionada en poemas importantes da autora e sentimentalmente rescatada e valorada en correspondencia co seu estado anímico. "A condición itinerante da súa vida, que contribúe non pouco a lle abater o espírito, impélea a se despedir moitas veces dunha paisaxe fondamente vivida, nunha atracción de amor e odio a un tempo. De Compostela sintoniza máis cos espazos interiores, sobre todo na etapa da soedade final", sinala Rábade.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

O poemario poder servir tanto para achegarse por primeira vez aos versos dunha das artistas máis senlleiras da lingua galega como para aqueles que xa coñecen ben a súa obra pero queren atopar un novo xeito de repasar algúns dos versos rosaliáns máis coñecidos. O percorrido fotográfico por unha Compostela que xa non existe serve coma escenario perfecto para uns poemas nos que sempre se poden descubrir novas emocións.

Archivado En