PSICOFONÍAS

Creación emerxente

Nas últimas semanas xúntanseme dous asuntos: a polémica de Franco Grande contra a actual literatura galega e o aquel de nostalxia e de certa autocompracencia que arrodea á exposición do CGAC sobre a vídeocreación galega nos anos 80. Como algo teño que ver coas dúas cousas, a verdade, e a pesar diso, é que vexo o choio como un pouco fóra de lugar. Nin tanto, nin tan pouco.

Repaso a miña última semana de usuario de cultura galega e o só inventario é ben elocuente: disfruto con Os poemas de como se rompe todo de Daniel Salgado (naceu en 1981 e xa vai polo seu cuarto poemario e a cad...

Suscríbete para seguir leyendo

Lee sin límites

Nas últimas semanas xúntanseme dous asuntos: a polémica de Franco Grande contra a actual literatura galega e o aquel de nostalxia e de certa autocompracencia que arrodea á exposición do CGAC sobre a vídeocreación galega nos anos 80. Como algo teño que ver coas dúas cousas, a verdade, e a pesar diso, é que vexo o choio como un pouco fóra de lugar. Nin tanto, nin tan pouco.

Repaso a miña última semana de usuario de cultura galega e o só inventario é ben elocuente: disfruto con Os poemas de como se rompe todo de Daniel Salgado (naceu en 1981 e xa vai polo seu cuarto poemario e a cada cal mellor), entro en gzcrea.com e descubro unha efervescente produción de creación cultural e que inclúe tamén o grafiti, infórmome con Miraxes na TVG e ademais dunha axenda cultural excitante, vexo o último clip de Alejandro Marzoa que toca nun grupo mestizo galego-catalan e que percorreu os festivais de media Europa coa súa xenial curtametraxe Temporada 92-93, podo adquirir o primeiro xogo de rol en galego, As Crónicas de Gáidil, e por paradoxal, non podo deixar de citar a miña sorpresa ao ler a versión española na contracultural editorial Lengua de trapo de Elegías a dios y al diablo, escrita por Samuel Solleiro, e decatarme de que xa fora publicado en Galicia e en galego en 2001. Xa estaba eu daquela fóra de lugar? Calquera tempo pasado non foi necesariamente mellor porque non hai maior reaccionarismo que considerar peores aos máis novos e non hai peor forma de estar na historia que desde o pesimismo queixoso. A nova cultura galega de creación e de expresión galega é tan sorprendente e contraditoria con estes tempos de barbarie como en calquera outro territorio da sociedade occidental. Ten a mesma enerxía e os mesmos problemas. Hai máis cousas e mellores, iso que chaman "masa crítica", e dígoo eu que hoxe me sinto "demasiado vello para o rock and roll e demasiado novo para morrer".

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

Archivado En