PSICOFONÍAS | Luces

Terra de maxia. Vivir de ilusións

O encabezamento deste escrito non é un desideratum nin unha metáfora. Galicia é unha terra de maxia polo seu enorme capital humano en magos, profesionais e amadores. Esa realidade constátase pola actividade e proactividade da Asociación de Magos Profesionais de Galicia que engloba a case vinte profesionais, a existencia de sete colectivos de maxia nas sete cidades galegas, polo vigor do circuíto galego de maxia, polas cada vez máis frecuentes Semanas Internacionais de Maxia (Lugo e Compostela son bos exemplos) e polo carácter insólito, avanzado e pioneiro de que Galicia é posiblemente o...

Suscríbete para seguir leyendo

Lee sin límites

O encabezamento deste escrito non é un desideratum nin unha metáfora. Galicia é unha terra de maxia polo seu enorme capital humano en magos, profesionais e amadores. Esa realidade constátase pola actividade e proactividade da Asociación de Magos Profesionais de Galicia que engloba a case vinte profesionais, a existencia de sete colectivos de maxia nas sete cidades galegas, polo vigor do circuíto galego de maxia, polas cada vez máis frecuentes Semanas Internacionais de Maxia (Lugo e Compostela son bos exemplos) e polo carácter insólito, avanzado e pioneiro de que Galicia é posiblemente o único país do mundo que lle dá a maxia consideración oficial de Arte Escénica porque así o establece o IGAEM (Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais) que equipara a maxia á música, ao teatro e á danza.

Hai algo de proverbial en que un país de historia machacada e desilusionada teña tal dimensión específica na maxia

No ambiente cultural galego coñecemos desde hai máis de vinte anos ao Mago Antón e, se cadra, a forza do costume fainos esquecer a súa excepcional xenialidade. Antón e os seus colegas crean e producen maxia e tamén comezan a exportala. Antón comparte know how co americano David Copperfield, o portugués Luís de Matos e co censo de figuras de todos os países que cada vez acoden máis a Galicia e ás semanas internacionais de maxia.

Hai algo de proverbial nisto de que un país de historia machacada, desilusionada e desilusionante coma este teña tal dimensión específica na maxia. Ben o merecemos. Os magos profesionais galegos fan industria cultural das súas ilusións e a sociedade civil necesita o espectáculo das ilusións para vivir e avanzar.

Vivir de ilusións reais e realizables sería a mellor axenda de futuro para este país. No noso imaxinario colectivo inscríbense a fantasía de Merlín e o xenio realista máxico de Álvaro Cunqueiro. Un aquel do Merlín ancestral e do alento de Cunqueiro sobreviven día a día na actividade dos magos profesionais de Galicia. Vivamos como galegos e vivamos de ilusións individuais, colectivas e solidarias.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

Archivado En