BOTELLA AO MAR | Luces

Rañaceos, raios, cortes e himno

O HEROE soña na madrugada co inimigo que ha vir para asasinalo á fin.

O ALTO RAÑACEOS soña tamén co avión que virá espetarse para derrubalo e arder.

SOMOS PARARRAIOS, estamos aí parados a chamar polo noso destino. E na madrugada soñámolo temerosos.

A VIDA É UN RAIO que vén de lonxe. Primeiro os tronos, el tarda un pedazo. Hai quen vive na tormenta, convocando chispas, suspirando porque chegue o raio de vez. O definitivo. O que define a un. A morte define a un.

CRÓNICA DAS CORTES: Que defenda máis o galego un señor de León que un de Pontevedra..., non é novidade. Cha...

Regístrate gratis para seguir leyendo

Si tienes cuenta en EL PAÍS, puedes utilizarla para identificarte

O HEROE soña na madrugada co inimigo que ha vir para asasinalo á fin.

O ALTO RAÑACEOS soña tamén co avión que virá espetarse para derrubalo e arder.

SOMOS PARARRAIOS, estamos aí parados a chamar polo noso destino. E na madrugada soñámolo temerosos.

A VIDA É UN RAIO que vén de lonxe. Primeiro os tronos, el tarda un pedazo. Hai quen vive na tormenta, convocando chispas, suspirando porque chegue o raio de vez. O definitivo. O que define a un. A morte define a un.

CRÓNICA DAS CORTES: Que defenda máis o galego un señor de León que un de Pontevedra..., non é novidade. Chamouse, chámase e chamarase autoodio, ter vergoña de ser o que se é. As almas máis doentes.

QUE O PRESIDENTE do Goberno español teña que defender o galego de quen foi vicepresidente da Xunta de Galicia dá idea do disparate que foron os anos precedentes da nosa autonomía. Dá idea do tobo histórico no que estivemos metidos. En qué mans nos puxemos, teñamos vergoña de nós.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
Suscríbete

QUE OS QUE SE OPUXERON Á AUTONOMÍA da Galiza a gobernasen logo merece ser lembrado.

É natural que se opuxesen agora á reforma do noso Estatuto, desexan que non o teñamos, son coherentes. O trasno non cansa de facer trasnadas.

100 ANOS DO HIMNO. Un himno nacido entre traballadores, nacido alén do Atlántico, na Cuba dos nosos emigrantes.

AÍNDA DIRÁN que somos cerrados. Espallados polo mundo, polas terras e os mares. E dirán que somos cerrados. E dirano os que son incapaces de aprender outra cousa que non sexa castellano, os que non son quen a viaxar desa súa única lingua.

SOMOS CUBANOS, neoyorkinos, mexicanos, venezolanos, brasileiros, uruguaios, arxentinos, mariñeiros de todos os mares...E dirán que somos cerrados. O que hai é moito pailán vestido de señorito de casino.

DIN QUE HAI RECESIÓN, INFLACIÓN... E temos medo. É un punto de vista. No Sudán están alén do medo. A sede, fame, violacións sistemáticas danlle á xente outro punto de vista. Cando falemos das nosas preocupacións lembremos Sudán, outro punto de vista.

E INDULTARÁN de vez aos Tres do Eixo?

"O PENSAMENTO que non se transforma en acción envenena á alma". Non é do Nietzsche, é do Heiner Müller (Muiñeiro), no Cuarteto. E eu aquí a deitar cavilacións, queixas e consideracións. Mellor erguerse e marchar por aí.

Archivado En