PSICOFONÍAS | LUCES

A lingua e o clima

Na cultura esquerdista dos anos 70, algúns tardamos en identificar o rigor e a conveniencia do discurso ecoloxista. Simplificando, pensábase que "a resolución da contradición principal" superaría ese e todos os problemas. Na miña conciencia medioambiental foron decisivas dúas viaxes a Groenlandia para enraizar en min convicións ecoloxistas e comprobar que o quecememento global mingua centimetro a centímetro e ano a ano os glaciares e que o maior problema social de Illulisat, lugar de Groenlandia que reclama ser o berce de Papa Noel, era a ausencia de xeo na baía nos últimos anos que provocaba ...

Suscríbete para seguir leyendo

Lee sin límites

Na cultura esquerdista dos anos 70, algúns tardamos en identificar o rigor e a conveniencia do discurso ecoloxista. Simplificando, pensábase que "a resolución da contradición principal" superaría ese e todos os problemas. Na miña conciencia medioambiental foron decisivas dúas viaxes a Groenlandia para enraizar en min convicións ecoloxistas e comprobar que o quecememento global mingua centimetro a centímetro e ano a ano os glaciares e que o maior problema social de Illulisat, lugar de Groenlandia que reclama ser o berce de Papa Noel, era a ausencia de xeo na baía nos últimos anos que provocaba que os tradicionais cazadores de focas inhuits (nada que ver cos exterminadores xaponeses, cazan focas como nós matamos o porco) que non posúen embracación propia non poden exercer o seu oficio de subsistencia.

O galego forma parte do ecosistema e hai que defender esa biodiversidade

Ver para crer. Pois vale o mesmo para sensibilizarse ante o perigo real de desaparición do galego (parte esencial no medio ambiente lingüístico global). A Secretaría Xeral de Política Lingüística avanzaría moito se reeditase o fantástico cómic de Reimundo Patiño O home que falaba vegliota, baseado no feito real do derradeiro falante desa lingua románica que antes de morrer deulle testemuño ao investigador Ascoli para elaborar a última e definitiva gramática do defunto idioma que desapareceu co tal individuo.

A lingua, a nosa, o galego, forma parte do ecosistema universal. Defender esa biodiversidade lingüística forma parte da calidade de vida de todas e todos.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

Archivado En