BOTELLA AO MAR | LUCES

Terra, galo e porcos

DICIMOS "A NOSA TERRA" e referímonos á terra que temos coñecido. Que é, era, distinta da terra que coñeceron os nosos bisavós. Que é distinta desta terra que coñecen os nosos fillos, netos... Cando dicimos "a nosa terra" dicimos realmente "o noso tempo".

TEMOS SOIDADES DO PASADO, non da terra. E por iso os emigrantes cando voltan, logo de tempo, non recoñecen a terra que deixaron. Porque esa terra só fica na súa memoria.

O PASADO NUNCA EXISTIU, é fantasía. Un capricho da nosa memoria, traidora. Que soña.

UN ESPERTADOR SOFISTICADO. Non é o tradicional, o condenado, salvaxe,...

Suscríbete para seguir leyendo

Lee sin límites

DICIMOS "A NOSA TERRA" e referímonos á terra que temos coñecido. Que é, era, distinta da terra que coñeceron os nosos bisavós. Que é distinta desta terra que coñecen os nosos fillos, netos... Cando dicimos "a nosa terra" dicimos realmente "o noso tempo".

TEMOS SOIDADES DO PASADO, non da terra. E por iso os emigrantes cando voltan, logo de tempo, non recoñecen a terra que deixaron. Porque esa terra só fica na súa memoria.

O PASADO NUNCA EXISTIU, é fantasía. Un capricho da nosa memoria, traidora. Que soña.

UN ESPERTADOR SOFISTICADO. Non é o tradicional, o condenado, salvaxe, estrondoso. Este outro espértanos de vagariño coa claridade, unha luz que vai engordando progresivamente. (Tíralle do aire!)

A publicidade di que "a sinxeleza é espertar de forma natural, coa luz, non cos sons". E que razón non ten. O máis sofisticado é o que nos venden como "sinxelo", "natural".

ISO SI, O "NATURAL" sempre é máis caro. Con todo, pola mañá cando oio o estrondo do meu chintófano barulleiro véñenme ganas de comprar o "natural". Iso, ou mercar un galo. Que tamén é natural, gasta millo na vez de luz.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

MADRID, é unha cidade moi bruta. E tamén moi humana. Cruel e feramente humana.

CON MADRID PASA COMO COAS BANDEIRAS, e cos grandes nomes patrios: Un a quen quere, a quen pode querer, é á xente.

ANTES DE MARCHAR hai que deixarlle algo ao espirito da cidade. Onde andará neste Madrid? Déixolle 70 céntimos a un músico que toca no metro Sunshine of your love de Cream (nada menos!). A ver se o volvo ver outro día que teña máis cambio.

TODOS SOMOS TODAS. Aí vai esa moza con saltos, tacóns, altos. Vai alta, dereita e modelada. Constrúe outra imaxe, é outra. E logo os demais non o facemos? Todas, todos construimos o noso eu social con maquillaxe, a poder de tacóns ou co que se teña a man. Todo val.

OS HOMES SOMOS UNS PORCOS, é ben certo. Aínda que din que son os animais máis intelixentes. E un animal de compañía excelente! Seica mesmo o Bill Gates ten un porco que anda ceibo pola casa. Debe ser moita casa esa. (E que comerá o porco de Bill Gates? Faralle o porco as veces do galo pola mañá, ou terá un espertador de luz progresiva?)

Archivado En