PSICOFONÍAS | LUCES

Botellón cultural e tecnolóxico

Cada poucos meses reedítase o debate social sobre o botellón de alcohol e xuventude que invade os espazos públicos das nosas cidades. Igual que en debates como os de touros si-touros non ou o aborto, non fan máis que repetirse os argumentos e esquivar a racionalización das causas.

É máis que obvio que a xente nova practica o botellón porque o alcohol é caro nos bares e porque vivimos nun ambiente en que un abstemio é o ser máis excéntrico e aburrido sobre o planeta a partir das dez da noite. Mentres esta realidade non se asuma, de pouco vale que os alcaldes das set...

Suscríbete para seguir leyendo

Lee sin límites

Cada poucos meses reedítase o debate social sobre o botellón de alcohol e xuventude que invade os espazos públicos das nosas cidades. Igual que en debates como os de touros si-touros non ou o aborto, non fan máis que repetirse os argumentos e esquivar a racionalización das causas.

É máis que obvio que a xente nova practica o botellón porque o alcohol é caro nos bares e porque vivimos nun ambiente en que un abstemio é o ser máis excéntrico e aburrido sobre o planeta a partir das dez da noite. Mentres esta realidade non se asuma, de pouco vale que os alcaldes das sete cidades se xunten en Compostela (algo insólito neste país de minifundios egoístas) ou que os benintencionados tramen voluntaristas alternativas de lecer light.

Por que non hai literatura galega a disposición nos servizos populares?

Algo similar ocorreu na evolución da crise da industria musical e audiovisual que desencandeou a piratería. Era obvio que o prezo dos discos e dos DVDs eran abusivos para as posibilidades económicas dos usuarios. As industrias musical e audiovisual non souberon reciclar o seu modelo de negocio para un avance tecnolóxico máis rápido que previsible. Nunha sociedade na que a propiedade intelectual se entende como un privilexio e non como un dereito que garante a creación de bens culturais, a versatilidade tecnolóxica acabou co negocio. O paradoxal deste botellón cultural e tecnolóxico é que nunca tantos consumiron tanta música e tantos filmes.

Ocorréseme unha alternativa desesperada tan primaria como absurda: ¿e se deixaran beber a módico prezo nas salas de cine, nas tendas de discos e nos vídeo clubes?

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

Archivado En