LUCES

O verso en acción de Rompente

O colectivo vigués rachou co xeito convencional de concibir o xénero

Antón Reixa confésase: "A parte das performances en Rompente era o máis entrañábel, sobre todo porque nin sabiamos que se chamaban así". Outro dos tres tristes tigres, Manuel Romón, lembra que a teima do grupo era "tirar a poesía dos libros e levala á rúa, aos bares". "As institucións non prevalecían no campo literario, como aconteceu logo de 1986", afirma. As estratexias desenvolvidas ao respecto polo Grupo de Comunicación Poética Rompente, formado por Reixa, Romón e Alberto Avendaño no Vigo da segunda metade dos anos 70, abrangueron do súper8 ao megáfono, da música contemporáne...

Suscríbete para seguir leyendo

Lee sin límites

Antón Reixa confésase: "A parte das performances en Rompente era o máis entrañábel, sobre todo porque nin sabiamos que se chamaban así". Outro dos tres tristes tigres, Manuel Romón, lembra que a teima do grupo era "tirar a poesía dos libros e levala á rúa, aos bares". "As institucións non prevalecían no campo literario, como aconteceu logo de 1986", afirma. As estratexias desenvolvidas ao respecto polo Grupo de Comunicación Poética Rompente, formado por Reixa, Romón e Alberto Avendaño no Vigo da segunda metade dos anos 70, abrangueron do súper8 ao megáfono, da música contemporánea á pintura, do pasquín ao manifesto, e responderon a títulos tan suxestivos como A tristeSa de Ezza, Moisés e a mona ou A dama que fala.

"Cando sacamos Fóra as vosas sucias mans de Manuel-Antonio", rememora Romón, na actualidade presentador de Libro aberto na TVG, "iamos cun megáfono pola rúa". O manifesto coincidía co Día das Letras Galegas dedicado ao autor de De catro a catro e declaraba: "Dubidamos que este segundo enterro de Manuel-Antonio, que as visitas do Rei, que as consellerías de cultura sirvan para algo máis que para neutralizar definitivamente o que curto prazo semellan facer progresar". Reixa relata outra acción do grupo no parque de Castrelos. "Nun escenario decorado polos pintores Antón Patiño e Menchu Lamas puxemos cubetas de váter e Abreu, un amigo, tocaba o acordeón; poesía en acción, en definitiva".

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

Archivado En