PSICOFONÍAS | LUCES

Prensa en galego

Dábase conta no Luces da semana pasada do XXX aniversario da revista Teima e non sei se lle acaería máis a expresión cabodano. Á parte de enfrontarnos a moitos ao inexorable e ingrato paso do tempo, a crónica induce á reflexión sobre a precariedade de instalación do galego na prensa escrita. Poucos tabús, mesmo referidos ao idioma, suscitan tal supersticioso consenso como entre os editores de prensa o de que os lectores rexeitan o galego escrito. Dificilmente sustentable esa afirmación cando estamos tamén a punto de cumprir os trinta anos do galego no ensino, é dicir, nos últimos...

Suscríbete para seguir leyendo

Lee sin límites

Dábase conta no Luces da semana pasada do XXX aniversario da revista Teima e non sei se lle acaería máis a expresión cabodano. Á parte de enfrontarnos a moitos ao inexorable e ingrato paso do tempo, a crónica induce á reflexión sobre a precariedade de instalación do galego na prensa escrita. Poucos tabús, mesmo referidos ao idioma, suscitan tal supersticioso consenso como entre os editores de prensa o de que os lectores rexeitan o galego escrito. Dificilmente sustentable esa afirmación cando estamos tamén a punto de cumprir os trinta anos do galego no ensino, é dicir, nos últimos case trinta anos todos os individuos galegos tiveron maior ou menor contacto coa aprendizaxe do galego escrito no sistema de ensino obrigatorio. Por pouco que tivese triunfado esa aprendizaxe (tamén habería que analizar os seus niveis de suceso) non hai correspondencia coa presenza por debaixo do 1% do galego na prensa de información xeral. Hai estatísticas para todo pero ningunha sobre o idioma rexistra a simetría social con esa cativa porcentaxe. Se os medios de comunicación queren ou deben ser reflexo e rexistro da vida social real, poucas avarías maiores se poden comprarar con esta deixación e posta ao lonxe da realidade.

Son especialmente notables e heroicos os exemplos de publicacións semanais e mensuais en galego e, se cadra, habería que apoñer para valorar o seu nivel de aceptación real, se as súas cativas tiraxes derivan do idioma empregado ou da mesma elaboración e formalización dos contidos porque cómpre non esquecer que se ben a normalización lingüística non pode ir vinculada a só un modelo cultural e ideolóxico, os usuarios do galego non prescindimos da nosa conciencia crítica e capacidade de discernimento cando lemos no noso idioma. Por iso cómpre moita, máis e mellor e máis plural prensa en galego.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

Archivado En