LUCES

Elías Torres

A Poesía galega completa de Manuel Antonio, O regresso a arder, de Carlos Quiroga, e Origem certa do farol de Alexandria, de Guisan Seixas, son as propostas galegas do profesor de Filoloxía Portuguesa da Universidade de Santiago de Compostela. "O de Guisan falta aos gritos na mochila literaria galega", lamenta. Preguntado por obras en galego que non recomendaría, dá ideas alonxadas do trafego comercial: "Hai obras que non poden ser para o verán galego", insinúa. "Follas novas é para o outono; Casa última, de Xulio Valcárcel, había ser para o inverno, e para a...

Suscríbete para seguir leyendo

Lee sin límites

A Poesía galega completa de Manuel Antonio, O regresso a arder, de Carlos Quiroga, e Origem certa do farol de Alexandria, de Guisan Seixas, son as propostas galegas do profesor de Filoloxía Portuguesa da Universidade de Santiago de Compostela. "O de Guisan falta aos gritos na mochila literaria galega", lamenta. Preguntado por obras en galego que non recomendaría, dá ideas alonxadas do trafego comercial: "Hai obras que non poden ser para o verán galego", insinúa. "Follas novas é para o outono; Casa última, de Xulio Valcárcel, había ser para o inverno, e para a primavera recomendaría a Álvaro Cunqueiro".

Se o tempo acompaña, Torres lerá e relerá Crónica da Rua 513.5, de Joao Paulo Borges Coelho; Tuyo es el reino, de Abilio Estévez, e Em transito, de Raquel Miragaia. "Cando Martin de Riquer atopaba alguén que non lera El Quijote felicitábao, pois ese alguén podía desfrutar aínda dun pracer único: felicítome a min mesmo desde as primeiras páxinas de Tuyo es el reino, un libro de 1997". O de Borges Coelho, literatura mozambicana, "dá visións excepcionais da vida, como Mia Couto".

Más información
Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

Archivado En