Entrevista:NATALIA BALSEIRO | Directora do Centro Coreográfico Galego | LUCES

"Crear novos públicos para a danza é un labor moi lento"

A creación do Centro Coreográfico Galego (CCG), hai menos dun ano, estivo marcado pola polémica trala desaparición do ballet Rey de Viana, que durante décadas ostentou a representación da danza galega dentro e fóra do pais. A directora do CCG, Natalia Balseiro (San Sadurniño, 1974), semella satisfeita do traballo realizado nestes primeiros meses nos que o proxecto botou a andar e acadou o seu primeiro éxito coa xira de Vacuo, unha producción dirixida pola coreógrafa Maruxa Salas que amosou unha nova imaxe da danza galega que pode consolidarse como a vía a seguir no futuro. De todos os x...

Suscríbete para seguir leyendo

Lee sin límites

A creación do Centro Coreográfico Galego (CCG), hai menos dun ano, estivo marcado pola polémica trala desaparición do ballet Rey de Viana, que durante décadas ostentou a representación da danza galega dentro e fóra do pais. A directora do CCG, Natalia Balseiro (San Sadurniño, 1974), semella satisfeita do traballo realizado nestes primeiros meses nos que o proxecto botou a andar e acadou o seu primeiro éxito coa xira de Vacuo, unha producción dirixida pola coreógrafa Maruxa Salas que amosou unha nova imaxe da danza galega que pode consolidarse como a vía a seguir no futuro. De todos os xeitos, o camiño por percorrer semella aínda moi longo. En Galicia hai na actualidade unha ducia de compañías privadas que presentan os seus espectáculos dentro e fóra da comunidade, pero aínda fican eivas como a inexistencia dun gran espacio escénico onde se poidan presentar as grandes montaxes das compañías internacionais. Balseiro é optimista sobre o futuro da danza en Galicia, aínda que advirte que os cambios necesitan tempo e que o labor a desenvolver desde o Centro Coreográfico obterá resultados visibeis a medio e longo prazo.

"O próximo ano insistiremos na formación, tamén para os coreógrafos"
"Vacuo espertou o interese pola danza entre persoas que non se achegaran a ela"

Pregunta. ¿Cales foron as súas principais actividades durante este primeiro ano de funcionamento do centro?

Resposta. Neste tempo básicamente o que fixemos foi poñernos en marcha. Cara o público o máis relevante foi a xira de cinco meses que realizamos coa primeira produción do Centro Coreográfico, Vacuo, que funcionou moi ben ao acadar as 30 funcións e reunir a perto de 10.000 espectadores. Ademáis, a montaxe foi moi ben recebida nas funcións que tiveron lugar fóra de Galicia. Seguramente deste proxecto van saír outros producións no futuro xa que posibilitou que os bailaríns e coreógrafos poidan intercambiar experiencias, Tamén serviu para mellorar a formación dos que participaron na montaxe. Pecharemos as representacións no vindeiro festival de Ortigueira.

P. No seu proxecto inicial fan fincapé no apoio ás coproducións e xá fixeron dúas. ¿Cómo están funcionado?

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

R. No que se refire ás coproducións non é tan interesante o resultado artístico como a posta en funcionamente de procesos de traballo e permitir ás compañías privadas que poidan estrear as súas montaxes nun espacio escénico de calidade, como é o Salón Teatro de Santiago. Agardamos que estes espectáculos tamén poidan realizar xiras de presentación dentro e fóra de Galicia.

P. Outra das súas prioridades é actuar no terreo da formación. ¿Estase a avanzar no obxectivo de facilitar que os bailaríns galegos non teñan que sair a estudar fóra?

R. Estamos comezando a traballar neste terreo, e esta mesma semana celebramos o noso primeiro curso que impartiu na Coruña o bailarín polaco Janusz Subizc. Cubríronse as 20 prazas disponibles e quedaron moitas persoas en lista de espera. Durante o ano que vén, imos insistir máis no terreo da formación e non só imos dedicarnos a mellorar a técnica dos bailaríns, tamén queremos realizar cursos para coreógrafos. A vindeira semana realízase un obradoiro dentro do festival En Pé de Pedra que tamén conta co noso apoio.

P. ¿Van procurar a apertura de novos espacios para a danza en Galicia?

R. Cando apostamos por unha produción como Vacuo tratabamos de conseguir ese obxectivo. Esta montaxe estreouse en teatros que nunca tiñan programado danza con anterioridade. Tamén estamos a deseñar estratexias de distribución que permitan non só estrear unha peza sénón pór en marcha actividades formativas asociadas a ela. O obxectivo final é que os cidadáns teñan máis información sobre todo o que rodea a danza para que poidan disfrutar máis dun espectáculo. A creación de públicos é un labor moi lento e creo que o feito de realizar presentacións dos espectáculos ao aire libre, como ocorreu con Vacuo, permitiu espertar interese pola danza entre persoas que nunca tiveran a oportunidade de achegarse a un espectáculo destas características.

P. Santiago conta xa cun festival internacional de danza importante como é En Pé de Pedra. ¿Que o que falta para que xurda unha iniciativa semellante noutras cidades galegas?

R. En Vigo xa existe un festival e na Coruña tamén se está a traballar en proxectos interesantes. Pode que algunhas iniciativas aínda tarden algún tempo en saír á luz, pero o certo é que nas cidades hai movementos interesantes asociados á danza.

P. ¿Como se pode facilitar que os nenos entren en contacto cunha disciplina aínda moi descoñecida para eles como é a danza?

R. O que pretendemos nós é facer obradoiros e programas pedagóxicos nas escolas. Estamos en contacto co INEF, con conservatorios privados de danza e coas escolas privadas para permitir aos colexios que soliciten as actividades correspondentes. Hai que procurar que os máis pequenos entren en contacto coa danza na escola.

Archivado En