PSICOFONÍAS | LUCES

Lingua e futuro

O pasado 29 de marzo, tivo lugar na Toxa un acto que, se cadra, non contou con toda a relevancia mediática que merece no proceso de novas estratexias civís de normalización lingüística. O Foro Enrique Peinador, que naceu para promover a lingua nas empresas e, en xeral, na vida económica do país, celebrou un encontro que contou coa asistencia dunha nutrida representación das empresas e das entidades financeiras de Galicia. É posible que o acto en si mesmo, non teña máis que o valor litúrxico do politicamente correcto, pero creo que debemos darlle máis importancia do que habitualme...

Suscríbete para seguir leyendo

Lee sin límites

O pasado 29 de marzo, tivo lugar na Toxa un acto que, se cadra, non contou con toda a relevancia mediática que merece no proceso de novas estratexias civís de normalización lingüística. O Foro Enrique Peinador, que naceu para promover a lingua nas empresas e, en xeral, na vida económica do país, celebrou un encontro que contou coa asistencia dunha nutrida representación das empresas e das entidades financeiras de Galicia. É posible que o acto en si mesmo, non teña máis que o valor litúrxico do politicamente correcto, pero creo que debemos darlle máis importancia do que habitualmente facemos ao feito, cada vez máis constatable, que desde de todos os sectores da sociedade e da política, o idioma galego recibe unha consideración positiva e que, de forma xeral, na vida social de Galicia non se rexistra nin crispación lingüística nin hostilidade pola lingua natural, no sentido do idioma que aquí naceu. No encontro, dúas modernas empresas, R (a sociedade de telecomunicacións por cabo) e a razón social da emblemática cervexa Estrella Galicia demostraron con precisión que a galeguidade territorial de marca, servizo e idioma son valores potentes e proactivos na súa mercadotecnia. Normalmente, insístese demasiado na galeguización do ensino e nas medidas lexislativas, xustas e necesarias de seu, pero a boa saúde dunha lingua depende sobre todo de iniciativas cidadás e libres como as do Foro Enrique Peinador por estaren directamente vinculadas á vida laboral e ao consumo de todos. Sirva, como comparación odiosa, que a introdución de lecturas obrigatorias no ensino non está elevando por si mesmo o índice social de lectura.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

Archivado En