BOTELLA AO MAR | LUCES

Os corpos son viciosos

MADRUGAR, erguerse con noite para ir traballar: iso é o que che dá unha idea cabal do teu lugar no mundo: es un traballador. Erguéndose máis aló das oito da mañá un amolece.

MAIS..., "QUE CALORIÑA. E MESMO XA PARECE VERÁN". Non é comentario intrascendente. Trata da verdade do mundo, que se manifesta espléndido, alegre, fecundador nesta raioliña de sol que nos aquece e fai que abrochen as primeiras follas. Non pode ser intrascendente unha cousa así, tan poderosa que abre os nosos corpos e nos devolve a alegría. Tanto gusto que nos dá.

CANDO É ASÍ, xa poden seguir os de sempre a de...

Suscríbete para seguir leyendo

Lee sin límites

MADRUGAR, erguerse con noite para ir traballar: iso é o que che dá unha idea cabal do teu lugar no mundo: es un traballador. Erguéndose máis aló das oito da mañá un amolece.

MAIS..., "QUE CALORIÑA. E MESMO XA PARECE VERÁN". Non é comentario intrascendente. Trata da verdade do mundo, que se manifesta espléndido, alegre, fecundador nesta raioliña de sol que nos aquece e fai que abrochen as primeiras follas. Non pode ser intrascendente unha cousa así, tan poderosa que abre os nosos corpos e nos devolve a alegría. Tanto gusto que nos dá.

CANDO É ASÍ, xa poden seguir os de sempre a deitar o seu veneno na sociedade. Con este soliño rideiro tanto rencor desa dereita móstrase ridículo. Por que non rin? De que tanta xenreira amarga? Por que non van á praia e deixan de amolar? Porque son así, ese veneno todo é o que lles enche a alma.

CREMAS para o sol, que fai dano de tanto raio ultravioleta como trae. Cremas para protexer, coidar. Acariñamos a pel, a pel quere ser tocada por mans amorosas. E desa maneira acalma, acouga, descansa e entrégase mansa ao sono. Procuramos bálsamos.

FURADOS NAS ORELLAS, TATUAXES, PIERCINGS, lastimamos a pel, a carne furándoa e rabuñándoa. E desa maneira esperta, berra, sacódese e avivece para calquera cousa, o amor ou o combate. Procuramos feridas.

QUÍMICA NA RADIO: poñen nunha emisora de radio Take a walk on the wild side, do Lou Reed, que foi yonqui, xa non, e de seguido unha linda canción, Golden Brown dos Stranglers, que non sei se tamén non tratará de droga prohibida. Logo unha Variación do Bach. Usaría, abusaría Bach da cervexa, do viño? As Variacións Goldberg débenlle algo ao calvados?

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

LEI CONTRA O ABUSO DO ALCOOL que corre entre a mocidade e a rapazada. A ministra de Sanidade tiña razón. Nin o Goberno nin a sociedade lla deron. Ela consideraba tamén que "os adultos poden facer uso do alcool con moderación". Ou non.

LOGO NON É QUE TAMÉN PROCURAMOS A EMBRIAGUEZ? A bebedela do alcool ou doutras substancias químicas, a embriaguez da velocidade, embriaguez estética da música, embriaguez do odio que corre en masa polas rúas de Madrid e pide a berros "paredón" para o presidente do Goberno. Dun modo ou doutro buscamos embriaguez.

MESMO A EMBRIAGUEZ NO SEU CONTRARIO: a contención en exceso, a dureza do ascetismo. O frenesí da renuncia absoluta.

OS HUMANOS BUSCAMOS DESAPARECER NO EXCESO, cesar. Perdernos. Iso que chaman "vicio". Que significa "abundamiento", "exceso".

TAMÉN AS MULLERES FUMAN TANTO, no curso dunha xerazón botáronse ao tabaco. Xa é delas, hoxe fumar é feminino. Failles mal, mais elas fuman o mesmo, máis que nunca. Élles a ansia.

SER MULLER HOXE CAUSA ANSIEDADE. Saen adiante a poder de agonía. E de botar fume.

Archivado En